político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Cacharro Pardo, nado en Guarromán (Xaén) o 16 de novembro de 1936 e finado o 8 de marzo de 2015[1], foi un político galego. Foi un dos homes fortes do Partido Popular de Galicia na provincia de Lugo durante boa parte do Fraguismo.
Antes de entrar en política foi inspector xefe de ensino primario na provincia de Lugo (1973-1981). Omnipresente na política galega desde as posicións máis conservadoras de Galicia, é senador por Lugo desde 1977 a 2008, concelleiro de Lugo desde 1974 a 2007, foi conselleiro de Educación (1982-1983), presidente da Deputación de Lugo desde 1983 ata 2007. Para as eleccións municipais de 2007 Xosé Manuel Barreiro, vicepresidente do PPdeG e presidente do PP provincial de Lugo, anunciou que competiría nas eleccións internas do partido para ser o candidato á presidencia da Deputación Provincial de Lugo, o que se interpretou como unha desautorización da actual dirección do PP cara á súa política. Logo de deixar a presidencia da deputación luguesa mantivo enfrontamentos coa dirección do partido.
Home que non refusaba a polémica, chegou a desmarcarse dos dirixentes do PP galego nos seus últimos anos na Deputación. Mantivo enfrontamentos tanto con eles como co fiscal xefe de Lugo, Jesús Izaguirre, quen o 19 de maio de 2006 chegou a facer un rexistro na sede da Deputación polas presuntas irregularidades na contratación de obras, rexistro coñecido como 'operación Muralla'. En manifestacións realizadas en xaneiro de 2006 apoiou as declaracións do senador Carlos Benet no que equiparaba o entón presidente do goberno español José Luis Rodríguez Zapatero cun golpista.[2]
Predecesor: non existía |
Conselleiro de Educación 1982-1983 |
Sucesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
Predecesor: Luís Cordeiro |
presidente da deputación de Lugo 1983-2007 |
Sucesor: Xosé Ramón Gómez Besteiro |
O seu fillo, Francisco Cacharro Gosende, tamén se dedicou á política activa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.