Remove ads
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Manuel Barreiro Fernández, nado en Lugo o 18 de setembro de 1957, é un político galego.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1957 (67 anos) Lugo, España |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 9 de marzo de 2012 – | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Barreiro é militante do Partido Popular, deputado no Parlamento galego (1997-2007), deputado da Deputación de Lugo (2007-), senador pola provincia de Lugo (2008-...), presidente provincial do PP (2002-) e vicepresidente da executiva galega do partido (2006-).
Está casado e ten dúas fillas. Licenciouse en 1983 en Ciencias Económicas e Empresariais, disciplina na que é doutor e catedrático de Universidade.
En 1995 entrou na política. Ese ano, converteuse, apadriñado por Francisco Cacharro Pardo, en concelleiro do PP en Lugo, na candidatura que encabezou Joaquín García Díez nas eleccións municipais. Foi a primeira que acadou unha maioría absoluta para o PP e el ocupouse da área de Economía, na que fixo un amplo traballo de posta ao día das contas municipais.
Nas eleccións municipais de 1999 renunciou a continuar no Concello, para se centrar só no traballo parlamentario. En xaneiro de 2003, Manuel Fraga nomeouno conselleiro de Medio Ambiente, en plena crise do Prestige. O 10 de setembro de 2004 foi designado vicepresidente segundo da Xunta. Nas eleccións autonómicas de 2005 encabezou por primeira vez a candidatura do PP en Lugo. A comezos de 2006 competiu con Alberto Núñez Feijóo por ser o sucesor de Fraga no PPdeG.[Cómpre referencia] Perdeu, pero quedou de vicepresidente. En xullo de 2006 foi nomeado candidato á presidencia da Deputación nas eleccións municipais de 2007. Nas Eleccións xerais de 2008 foi elixido senador pola provincia de Lugo, cargo que revalida en 2011. Nesa ano converteuse ademais en voceiro do Partido Popular no Senado.
Predecesor: Carlos del Álamo |
Conselleiro de Medio Ambiente 2003 - 2005 |
Sucesor: Pachi Vázquez |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Manuel Barreiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.