Fiúncho
herba perenne e aromática, cultivada polo seu emprego na cociña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca')[1] ou fiollo[2](Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
Remove ads

Remove ads
Descrición
O fiúncho é unha planta herbácea e erecta, dunha cor verde intensa, e pode chegar a acadar os dous metros de altura. As súas follas son longas e delgadas, acabando en segmentos en forma de agulla, que se endurecen exteriormente no verán para evita-la perda de auga. As flores aparecen en ramiños de 20 a 50 flores sobre pedúnculos curtos.
Empregos
A planta emprégase comunmente na cociña típica de Andalucía e sobre todo na confección de encurtidos, aliños e salsas, por aportarlle un típico arrecendo semellante á menta.
O fiúncho tamén é usado para cocer as castañas.[3]
Propiedades
En herboristerías considérase unha planta con propiedades diuréticas; cultívase para extraer a parte inferior que ten unha especie de cebola.
Insulto italiano
Na actualidade, en Italia emprégase tamén o insulto finocchio cos significados de home efeminado ou homosexual. A orixe desta aldraxe provén da Idade Media, cando o Tribunal eclesiástico da Inquisición queimaba na fogueira ós homosexuais (entre outros e outras) e cubría á vítima coas follas frescas do fiúncho para que o suplicio durase máis tempo.
O fiúncho na cultura popular
En Beariz (Ourense) ou en Lalín (Pontevedra) tallan o mal de aire cun hisopo feito con fiuncho que mollan en viño tinto. Tamén se usa como protector contra o mal de ollo en Cambados. Noutros puntos, como en Xeve (Pontevedra), curan a ‘’erisipela’’ tocando na parte enferma cun tres poliñas de silva, outras tres de estruga e outras tantas de fiúncho.
- Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.
- Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar.
Ademais o fiúncho é unha das sete herbas máxicas de San Xoán[4].
Remove ads
Nome común
Pé de boi, néboda, mexacán, herba de anís, fieiteiro, funcho, fruncho, fonollo, fiúnxo, fiúnle, fiúncho, fionllo, fiollo, fiacha, teollo, feo, ciollo, canelo, brizo, anís fiollo, anís das castañas e anís[5].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads