![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/The_O2_-The_Point_-Dublin_Docklands-3Feb2009.jpg/640px-The_O2_-The_Point_-Dublin_Docklands-3Feb2009.jpg&w=640&q=50)
Festival de Eurovisión 1997
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XLII Festival de Eurovisión foi celebrado o 3 de maio de 1997 no Point Theatre de Dublín, Irlanda con 3.500 espectadores. Os presentadores foron o cantante Ronan Keating e a presentadora Carrie Crowley.
Festival de Eurovisión 1997 | |
---|---|
![]() | |
Datas | |
Final | 3 de maio de 1997 |
Anfitrión | |
Lugar | Point Theatre Dublín, ![]() |
Presentador(es) | Carrie Crowley e Ronan Keating |
Televisión anfitrioa | ![]() |
Acto(s) intermedio(s) | Ronan Keating - Boyzone |
Participantes | |
Participantes | 25 |
Países que retornan | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Países que se retiran | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | ![]() ![]() |
Canción gañadora | Love Shine a Light, Katrina & The Waves![]() |
Festival de Eurovisión | |
◄1996 ![]() |
Katrina & The Waves, representando ao Reino Unido, foron os vencedores con tema "Love Shine a Light", recibindo a máxima puntuación de dez países cun total de 227 puntos, resultado que permaneceu como o máis alto ata a chegada do sistema de semifinais en 2004, edición a partir da cal permitiuse que os países eliminados puidesen tamén emitir os seus votos, aumentando considerablemente o número de votos.
Logo da controversia creada o ano anterior co sistema de preselección de países para participar no festival, introduciuse un novo sistema: os países coa media máis baixa de puntos durante os cinco anos anteriores quedarían excluídos para o festival deste ano. Deste xeito, o número de participantes activos quedaría reducido a só vinte e cinco.
Israel decidiu non participar ao coincidir a data de celebración do certáme co Día en recordo do Holocausto, sendo cedida a súa praza a Bosníaca e Herzegovina. Tamén foi a última vez que Italia participa no festival ata a edición de 2011.
Nesta edición, cinco países (Alemaña, Austria, Suecia, Suíza e o Reino Unido) utilizaron por primeira vez o sistema do voto telefónico como unha forma de contrarrestar os baixos índices de audiencia nestes países e de achegar o evento a unha audiencia máis jóven. Os resultados do televoto, foron nalgúns casos, distintos aos entregados polo xurado profesional. Islandia, por exemplo, recibiu 16 dos seus 18 puntos grazas a este sistema.
O escenario estaba inspirado no novo mundo das telecomunicacións. Anna Maria Jopek, Marcos Llunas, Alla Pugacheva, ou os vencedores Katrina & The Waves foron algúns dos nomes máis importantes desta edición.