festa gastronómica de Redondela From Wikipedia, the free encyclopedia
A Festa do Choco é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de Redondela, dende 1987,[1] a segunda fin de semana de maio.[2] Foi declarada Festa de interese turístico de Galicia no ano 2013.[2]
Celébrase nesa época por mor do aumento da pesca na Enseada de San Simón do choco, cefalópodo que, capturado con artes de pesca tradicionais (como as nasas), alcanza a súa máxima cota no mes de abril.
Ademais da degustación, faise un concurso gastronómico con catro modalidades: a mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.[3] Exemplos de pratos que se serven na festa son os chocos con ou sen a súa tinta, con ou sen arroz, con ou sen patacas, chocos á prancha con cachelos, empanadillas de choco, empanada de choco de millo, empanada de choco de trigo, empanada de grelos con choco, fabada de choco, guiso de chocos, fideuá de chocos con ameixas, chocos á prancha con vinagreta de froitos secos...
Os dous días de festa hai alborada, actuación da banda municipal, verbena, pasacalles e charanga. Entre as actividades paralelas, desenvólvese o Chococlásico, unha exhibición de automóbiles antigos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.