Grelo
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O grelo[1] é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa), tamén chamado cimo. Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.
Grelo | |||||
---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||
Clasificación científica | |||||
|
A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.
Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.
O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.
Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.
Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.
- Do nabo sae a nabiza,
- Da nabiza sae o grelo,
- son tres persoas distintas
- e un so Deus verdadeiro.
No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.[2][3]
Propiedades
Ademais de posuír un alto contido en vitaminas, os grelos axudan a previr o cancro.[4] Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os glucosinolatos os mesmos causantes do sabor acedo característico da verdura.[4]
Entre as vitaminas destaca o seu alto contido en calcio, facendo do grelo unha alternativa ao leite para os alérxicos á lactosa e recomendables para persoas que padezan de osteoporose.[4]
Cando se somete ao grelo ás altas temperaturas da cocción, parte dos nutrientes pérdense de xeito irremediable mentres que outra parte fican no alimento e na auga onde se cocen, polo que é recomendable comelos co seu caldo para aproveitar así os glucosinolatos preventores do cancro. Outros xeitos de conservar as súas propiedades son a súa cocción ao vapor ou pasalos na prancha.[4]
Grelos de Galicia
- Artigo principal: Grelos de Galicia.

O 8 de xaneiro de 2010 aprobouse o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia [5]. Recolle dúas variedades ou ecotipos, de Santiago e de Lugo.
Produción en Galicia
Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia arredor de 100.000 toneladas de grelos.[4] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas dedicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita se emprega como complemento na alimentación do gando.[4]
No ano 2004, segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[4] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[4] A temporada do grelo é de outubro a febreiro.
A produción actual de grelos non só se comercializa en fresco, hai empresas que ofrecen os grelos en conserva, conxelados e deshidratados.
Os grelos na cultura popular galega
- Artigo principal: Os nabos na cultura popular galega.
Nabo, Probou a vella os grelos Non chas quero, non chas quero, Patacas novas, |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.