Fernando Rodríguez de Castro ou Fernando Ruiz de Castro,[1] nado no 1280 e finado en Monforte de Lemos no 1304 ou 1305, foi un nobre galego da casa de Castro. Señor de Lemos e Sarria e de Cabreira e Ribeira e desempeñou os cargos de Adiantado maior de Galicia, pertegueiro maior de Santiago e comendeiro da Igrexa de Lugo.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Orixes familiares

Fernando Rodríguez de Castro foi fillo de Estevo Fernández de Castro e de Aldonza Rodríguez de León. Por parte paterna era neto de Fernando Gutiérrez de Castro, alférez do rei Afonso IX de León, e de Emilia Íñiguez de Mendoza, e por parte materna era neto de Rodrigo Alfonso de León, fillo de Afonso IX de León, e de Inés Rodríguez de Cabrera.[3]

Traxectoria

Thumb
Vista xeral do castelo de Monforte de Lemos.
Thumb
Castelo de Ucero.

Fernando Rodríguez de Castro naceu en 1280. O seu pai foi señor de Lemos e Sarria, adiantado e meiriño maior de Galicia e pertegueiro maior de Santiago. Algúns autores sinalaron equivocamente que en 1285 Fernando Rodríguez de Castro contraeu matrimonio con Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima do rei Sancho IV de Castela e de María de Meneses, pero o historiador Luis de Salazar y Castro demostrou que o matrimonio se celebrou en 1293, segundo se deduce dun documento outorgado en Layosa o día 17 de abril dese mesmo ano por Fernando Rodríguez de Castro, no que revalidou a carta de arras que o seu pai, Estevo Fernández de Castro,[4] outorgara en 1291 en nome do seu fillo por ser aquel menor de idade.[5]

En devandita carta de arras, Estevo Fernández de Castro cedeu ao seu nora Violante a vila e o castelo de Villamartín de Valdeorras, situados na provincia de Ourense,[lower-alpha 1] e os cotos de Arcos da Condesas, Sauceda, Valladares, Gullaes, Noguera, Caldelas e Pías, que estaban situados en terras de Santiago de Compostela e Turonio,[5] e aos que se sumaron os estados de Ucero e de Traspinedo, no Val do Esgueva, que Violante Sánchez herdou da súa nai, e outras posesións que herdou da mesma en Burgos, Sahagún e Villafamor.[5] E á morte do seu pai, ocorrida logo de xuño de 1291, Fernando Rodríguez de Castro herdou as súas posesións[6] e pasou a ser o nobre galego máis poderoso[7] durante os reinados de Sancho IV e Fernando IV.[8]

Durante o reinado do seu sogro, Sancho IV, apoiou a este último e combateu contra os infantes de la Cerda, aínda que en 1296, durante a minoría de idade de Fernando IV de Castela, suscitou numerosas demandas á raíña María de Molina e, debido á negativa desta a concederllas, abandonou a Corte e rompeu os seus vínculos vasaláticos co monarca. Retirouse entón a Galicia, acompañado por Xoán Afonso de Alburquerque, e comezou a apoiar as pretensións do infante Xoán Afonso de Borgoña, aspirante ao trono castelán. En 1298 suscitou novas reclamacións á raíña María de Molina, e posteriormente levantouse en armas contra Fernando IV de Castela.[9]

Na Crónica de Fernando IV consta que en 1304 o infante Felipe de Castela, irmán de Fernando IV, cercou a vila de Monforte de Lemos por orde do seu irmán o rei, malia que aínda era un neno, xa que soamente tiña uns doce anos de idade.[10] E cando Fernando Rodríguez de Castro foi informado de que o infante Felipe cercara a súa vila de Monforte de Lemos, acudiu coas súas mesnadas a socorrela, aínda que os acompañantes e conselleiros do infante Felipe intentaron persuadir a Fernando Rodríguez de Castro para que depuxese a súa actitude e aceptase chegar a un acordo de paz coa súa cuñado o infante, xa que este era medio irmán da súa esposa Violante Sánchez de Castela. Porén, non alcanzaron ningún acordo e tivo lugar unha batalla na que perdeu a vida Fernando Rodríguez de Castro[10] Porén, outros historiadores[11][12] como Antonio López Ferreiro argumentaron que en realidade o cerco de Lemos e a morte de Fernando Rodríguez de Castro deberon ocorrer en 1305, baseándose no testamento que este outorgou o día 17 de decembro de 1305 e que foi consignado no Tombo B da catedral de Santiago de Compostela.[13]

Trala morte de Fernando Rodríguez de Castro os seus bens foron confiscados por Fernando IV e entregados no seu maior parte ao medio irmán de Violante, o infante Felipe, que pasou a ser, entre outras cousas, señor de Lemos e Sarria, pertegueiro maior de Santiago,[14] adiantado maior de Galicia e comendeiro da Igrexa de Lugo.[15]

Matrimonio e descendencia

Froito do seu matrimonio con Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela, naceron dous fillos:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.