Zoólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernand Lataste, nado en Cadillac (Xironda) o 25 de marzo de 1847 e finado o 6 de xaneiro de 1934 en Bordeos,[1] foi un zoólogo francés especializado en herpetoloxía.
Nome orixinal | Fernand Vital Lataste |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de marzo de 1847 Cadillac-sur-Garonne, Francia |
Morte | 6 de xaneiro de 1934 (86 anos) Bordeos, Francia |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo , herpetólogo |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lataste |
En 1876 foi un dos membros fundadores da Société zoologique de France.[1] Desde 1880 a 1884 recolectou réptiles e anfibios no norte de África (Alxeria, Tunisia e Marrocos), que resultaron na publicación de "Les missions scientifiques de Fernand Lataste en Afrique noire et au Maghreb". En 1885 publicou "Étude de la faune des vertébrés de Barbarie", unha obra de referencia sobre os animais do norte de África.[2] Durante varios anos foi profesor de zooloxía na Facultade de Medicina de Santiago de Chile.
Lataste, entre outras moitas obras, publicou as seguintes:[3]
Foi o autor e descritor de numerosos xéneros e especies, por exemplo, Pachyuromys duprasi, un xerbo descrito en 1880.
Por outra parte, o médico e naturalista español Edurado Boscá, nomeou á víbora fociñuda na súa honra, Vipera latastei, unha víbora moi común en España, Portugal e África do Norte.
Así mesmo, seu nome está asociado á seguintes especies:
A abreviatura Lataste emprégase para recoñecr a Fernand Lataste como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.