From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de Europa UEFA Sub-21, ou tamén coñecida como Eurocopa Sub-21 é unha competición de seleccións de fútbol de Europa, na cal participan xogadores menores de 21 anos.
Tipo | competición internacional de seleccións de fútbol |
---|---|
Organizador | UEFA |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1972 – |
Calendario da tempada | verán – |
Período de ocorrencia | 2 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Esta creouse en 1967, e participaban as seleccións da categoría sub-23 -aínda que o formato funcionaba como no mundo do boxeo (os campións enfrontaban aos aspirantes)-, e as dúas nacións que predominaron o campionato nos seus inicios foron Bulgaria e a República de Iugoslavia. Con todo, recibían o nome de Challenge Cup de Seleccións Sub-23, que era a precursora da denominación Eurocopa Sub-21.
Despois pasou a chamarse Campionato Europeo Sub-23, e competían 23 nacións con oito grupos de clasificación. Os gañadores de cada sección pasaban a cuartos de final.
En 1976, a competencia realizouse oficialmente para xogadores menores de 21 anos, e o primeiro campión foi a República de Iugoslavia.
Hoxe o sistema de clasificatorias é o seguinte: as seleccións con máis baixa clasificación disputan unha rolda preliminar, a dobre partido, e os gañadores desa rolda acceden á fase clasificatoria, con 14 grupos de tres equipos cada un. Os líderes de grupo xogan os partidos de repesca entre si, e clasifícanse á fase final: a de grupos, que se conforma de dous grupos con catro seleccións cada unha.
As dúas primeiras escuadras clasifican ás semifinais, e os gañadores xogan a final.
Aínda que foi variando co transcurso das edicións, o torneo reparte catro prazas para xogar os Xogos Olímpicos. Unha é para o campión, e a outra é para o finalista, dependendo da súa participación na primeira rolda. A terceira é para o gañador do enfrontamento entre os mellores terceiros de grupo; e a outra é para o que finalice como o segundo mellor da fase grupal.
A selección que máis títulos gañou é a de Italia, que a conquistou en cinco ocasións, e é a única que a conseguiu en tres ocasións consecutivas.
Data | Sede final | Campión | Subcampión |
---|---|---|---|
xuño de 1967 | Stara Zagora Bulgaria |
Bulgaria |
Alemaña Democrática |
setembro de 1967 | Burgas Bulgaria |
Bulgaria |
Finlandia |
novembro de 1967 | Pleven Bulgaria |
Bulgaria |
Checoslovaquia |
abril de 1968 | Sofía Bulgaria |
Bulgaria |
Países Baixos |
outubro de 1968 | Ruse Bulgaria |
Iugoslavia |
Bulgaria |
Xuño de 1969 | Novi Sad Iugoslavia |
Iugoslavia |
España |
novembro de 1969 | Zrenjanin Iugoslavia |
Iugoslavia |
Suecia |
marzo de 1970 | Atenas Grecia |
Iugoslavia |
Grecia |
Tempada | Campión | Subcampión |
---|---|---|
1970/72 | Checoslovaquia |
Unión Soviética |
1972/74 | Hungría |
Alemaña Democrática |
1974/76 | Unión Soviética |
Hungría |
Tempada | Campión | Subcampión |
---|---|---|
1976/78 Detalles |
Iugoslavia |
Alemaña Democrática |
1978/80 Detalles |
Unión Soviética |
Alemaña Democrática |
1980/82 Detalles |
Inglaterra |
Alemaña Federal |
1982/84 Detalles |
Inglaterra |
España |
1984/86 Detalles |
España |
Italia |
1986/88 Detalles |
Francia |
Grecia |
1988/90 Detalles |
Unión Soviética |
Iugoslavia |
1990/92 Detalles |
Italia |
Suecia |
Tempada | Sede final | Campión | Resultado | Subcampión |
---|---|---|---|---|
1992/94 Detalles |
Francia | Italia |
1:0 (t.e.) |
Portugal |
1994/96 Detalles |
España | Italia |
1:1 4:2 (pen.) |
España |
1996/98 Detalles |
Romanía | España |
1:0 | Grecia |
1998/00 Detalles |
Eslovaquia | Italia |
2:1 | República Checa |
2000/02 Detalles |
Suíza | República Checa |
0:0 3:1 (pen.) |
Francia |
2002/04 Detalles |
Alemaña | Italia |
3:0 | Serbia |
2004/06 Detalles |
Suecia | Países Baixos |
3:0 | Ucraína |
2006/07 Detalles |
Países Baixos | Países Baixos |
4:1 | Serbia |
2008/09 Detalles |
Suecia | Alemaña |
4:0 | Inglaterra |
2009/11 Detalles |
Dinamarca | España |
2:0 | Suíza |
2011/13 Detalles |
Israel |
Pos. | País | Títulos | Subcampión | Anos campión |
---|---|---|---|---|
1 | Italia | 5 | 1 | 1992, 1994, 1996, 2000 e 2004 |
2 | España | 4 | 2 | 1986, 1998, 2011 e 2019 |
3 | Inglaterra | 2 | 1 | 1982 e 1984 |
4 | Unión Soviética | 2 | 0 | 1980 e 1990 |
5 | Países Baixos | 2 | 0 | 2006 e 2007 |
6 | Iugoslavia | 1 | 1 | 1978 |
Francia | 1 | 1 | 1988 | |
República Checa | 1 | 1 | 2002 | |
Alemaña | 1 | 1 | 2009 | |
10 | Alemaña Democrática | 0 | 2 | |
Grecia | 0 | 2 | ||
Serbia | 0 | 2 | ||
13 | Suecia | 0 | 1 | |
Portugal | 0 | 1 | ||
Ucraína | 0 | 1 | ||
Suíza | 0 | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.