Numismático xermano-romanés From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernest Oberländer-Târnoveanu, nado o 1 de xaneiro de 1951 en Bucarest, é un historiador, numismático e arqueólogo xermano-romanés, director do Museo Nacional de Historia de Romanía, en Bucarest.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1951 |
País de nacionalidade | xermano-romanesa |
Educación | Universidade de Bucarest. |
Q89547790 | Director do Museo Nacional de Historia de Romanía. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arqueólogo, historiador, numismático |
Premios | |
(2011): Jeton de Vermeil. |
Ernest Oberländer-Târnoveanu pasou os seus tres primeiros anos en Constancia, ata que a súa familia se trasladou á provincia romanesa de Bihor, onde o seu pai participou na construción da cidade de Petru Groza (logo chamada Ştei). Nesa cidade recibiu a educación primaria; aprendeu latín e xurdiu nel o interese poa historia nos libros aos que tiña acceso na biblioteca escolar.[3]
Cursou o bacharelato en Ştei en 1966. Ao seu remate comezou os seus estudos de Historia do Mundo Antigo e Arqueoloxía en 1970 na Facultade de Historia da Universidade de Bucarest, onde se graduou en 1974. No ano 2000 acadou o seu doutoramento en Historia, cunha tese dirixida por Emil Condurachi e Stefan Stefanescu, titulada "As relacións dos draco-romanos e a poboación romanesa co mundo do sueste europeo nos séculos IV-XIV".[1][2][3]
Logo da súa graduación en 1974, foi profesor de Historia durante un curso académico nun instituto de Jurilovca, na provincia de Tulecea.[1][2][3]
No período 1975-1980 exerceu como conservador numismático no Museo do Delta do Danubio en Tulcea, e durante os anos 1979 e 1980 foi nomeado coordinador provincial da oficina de patrimonio cultural nacional.[1][2][3]
En 1980 ingresou como conservador no Museo Nacional de Historia de Romanía e en 1995 pasou a dirixir o Gabinete Numismático desta institución. Finalmente, en 2010 converteuse en director xeral do museo.[1][2]
Paralelamente á súa traxectoria no ámbito museístico, entre os anos 1990 e 1999 Oberländer foi profesor asociado de Numismática e de Historia da Economía do Sueste de Europa na Universidade de Bucarest.[1]
Entre os temas máis recorrentes nas súas investigacións e nas súas publicacións están a numismática bizantina e da Europa suroriental; a metalurxia antiga e medieval do ouro, a prata e o cobre; a historia económica do sueste europeo e do Mediterráneo, ou a museoloxía e a loita contra o tráfico ilegal de bens culturais.[1][2][3]
No ámbito editorial, en 1995 dirixiu a revista Cercetari Numismatice ("Investigacións Numismáticas) e entre 1996 e 1999 foi correspondente en Romanía, en Moldova e en Bulgaria do xornal alemán Byzantinische Zeitschrift. Tamén formou parte do equipo editorial da serie Medieval European Coinage, dentro da cal se encargou do volume XI, correspondente ás moedas medievais de Hungría e os estados dos Balcáns.[1][2][4]
Entre outras entidades, Oberländer é membro da Sociedade Numismática Romanesa desde 1980 e da Sociedade Romanesa de Estudos Bizantinos, desde 1991.[1][2]
Ernest Oberländer-Târnoveanu é autor de máis dun cento de artigos publicados en revistas especializadas e dun bo número de traballos monográficos. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.