numismático suízo From Wikipedia, the free encyclopedia
Edwin Tobler, nado en Sankt Gallen o 12 de maio de 1922 e finado en Nürensdorf o 14 de marzo de 2020, foi un numismático e coleccionista de moedas suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1922 Sankt Gallen, Suíza |
Morte | 14 de marzo de 2020 (97 anos) Nürensdorf. Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Q89547790 | Coleccionismo e estudo da moeda miúda suíza. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Premios | |
(1982): Premio Otto Paul Wenger. |
Edwin Tobler naceu o 12 de maio de 1922 en Sankt Gallen,[1][2] fillo de Berta Hässig e de Johann Ulrich Tobler, empregado nun comercio como contable. A súa familia posuía unha pequena chacinaría en Sankt Gallen.[3]
Tobler pasou a súa infancioa en Herisau, onde se formou como panadeiro e pasteleiro. Na súa xuventude marchou a Suecia, onde exerceu a pastelaría, e alí comezou a sentir curiosidade polas moedas. Ao seu regreso a Suíza traballou unha empresa de transportes en Zürich, inicialmente como condutor de tranvía e logo na administración da compañía, encargándose da contabilidade.[1][2][3]
Malia posuír unha desenvoltura económica media, Tobler comezou a coleccionar moedas na década de 1940 e logrou confeccionar unha considerable colección desde o punto de vista científico.[3][4] Concentrouse nas moedas pequenas, que ata a época non gozaran da atención doutros coleccionistas e estudosos, e puido adquirir espécimes de gran rareza grazas aos coñecementos que foi adquirindo. Parte da súa colección privada está agora custodiada en varios museos do seu país.[1][2] Tobler doou o núcleo da súa colección, composto por máis de 4.000 ao Gabinete Numismático de Winterthur, dirixido por Benedikt Zäch.[4]
De formación autodidacta, Edwin Tobler está considerado no ámbito numismático como un dos mellores coñecedores da moeda miúda suíza dos tempos modernos. Foi autor de numerosos ensaios e outras publicacións que pasaron a ser referencias para o estudo das cuñaxes suízas entre os séculos XV e XX.[3]
Desde a década de 1960 publicou numerosos artigos sobre a historia das moedas suízas, que deron lugar a unha publicación en tres volumes sobre a moeda suíza dos séculos XVII a XIX, escrito en colaboración con Jean-Paul Divo.[4]
Tobler pertenceu á Sociedade Suíza de Numismática, de cuxa xunta directiva formou parte entre 1973 e 1982.[1]
Tobler estaba casado e tiña unha filla. Finou en Zürich o 14 de marzo de 2020 aos 97 anos.[2][3]
Estas son algunhas das publicacións máis salientables da carreira de Edwin Tobler.[6][7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.