numismático suízo From Wikipedia, the free encyclopedia
Benedikt Zäch, nado en 1959 in Xenebra, é un numismático suízo.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 Xenebra, Suíza |
Member of the Winterthur Municipal Council (en) | |
3 de novembro de 2015 – | |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Zürich. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | escritor, numismático, medievalista |
Empregador | Swiss National Museum (en) (1985–1987) |
Partido político | Partido Socialista Suízo |
Premios | |
- (1997): Premio Vreneli. - (2002): Premio Otto Paul Wenger. - (2008): Membro de honra da OENG. - (2009): Jeton de Vermeil (SFN). |
Zäch estudou Historia Xeral, Estudos Alemáns, Historia da Arte e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Zürich, onde se graduou en 1991 cunha tese sobre a historia da moeda tardomedieval de Zürich. Aínda durante os seus estudos universitarios, foi axudante de investigación en diversos gabinetes numismáticos, como o de Winterthur (1987-1992), o do Museo Nacional de Suíza en Zürich (1985-1988) e no do Museo Histórico de Sankt Gallen (1989-1992).[1][2]
Entre 1985 e 1988 foi membro do comité fundador do Grupo de Traballo Suízo para os Fondos de Moedas (SAF), e encargouse da súa comisión informática desde 1988 a 1992.[1]
A partir de 1993 ocupou o posto de conservador do Gabinete Numismático de Winterthur (Münzkabinett Winterthur) e da colección de antigüidades desta cidade.[1][2]
Entre 1990 e 2009 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática[2] e editor dun dos seus órganos de expresión, a revista Schweizer Münzblätter, da que foi editor de 1991 a 1994. Tamén foi o editor web da páxina da Sociedade en Internet (www.numisuisse.org), no período 2004-2009.[1]
A partir de 2002 comezou o seu labor docente na Universidade de Zürichh, en materias como Historia do Diñeiro na Antigüidade e na Idade Media.[1][2]
No Consello Internacional de Numismática é membro do comité de dirección desde 2003, e nesta institución exerceu ademais como editor da súa páxina web (www.inc-cin.org) e como coeditor da súa publicación International Numismatic Newsletters (2003-2009).[1][2]
No mundo editorial, Benedikt Aäch foi un dos fundadores, en 1979, da revista NOISMA. Zeitschrift für Literatur, en Sankt Gallen, da que figurou como coeditor ata 1993. Tamén forma parte do consello de redacción da revista Numismatische Zeitschrift, de Viena, e é membro do Comité de Lectura de Revue numismatique, de París.[1][2]
En 2019 publicouse na súa honra un libro de homenaxe co gallo do seu 60º aniversario, promovido por Christian Schinzel e publicado pola Sociedade Suíza de Numismática.[3]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Benedikt Zäch publicados ao longo da súa carreira:[6][7][8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.