manga e anime From Wikipedia, the free encyclopedia
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Formato | Aventuras --- ----- |
---|---|
Creado por | Fujio F. Fujiko |
Intérpretes | Animación |
País de orixe | Xapón |
Episodios | 1109 en Galicia |
Produtor(es) executivo(s) | Estudio Asatsu DK |
Duración | 25 minutos por episodio (dividido en 2 ou 3 subepisodios) |
Distribuidor | Luk Internacional |
Canle de orixe | TV Asahi |
Formato de imaxe | 4:3 / 16:9 |
Primeiro episodio | 2 de abril de 1979 |
Derradeiro episodio | ? de ? de 20?? |
Na rede | |
https://dora-world.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No Xapón o anime transmítese dende a década dos setenta pola canle TV Asahi. Debido a que os seus creadores faleceron sen daren instrucións de como se debería afrontar un posible final da serie, a canle de televisión tomou a iniciativa de non crear unha resolución da historia. Deste xeito, a serie iniciada no ano 1979 e rematada no ano 2005 contou cun total de 1787 episodios. A partir do ano 2005, emitiuse unha nova serie cunha animación renovada, que segue a emitirse e conta xa con máis de 300 capítulos.
En Galicia, Doraemon vén sendo emitido dende a década dos noventa no contedor infantil-xuvenil Xabarín Club da Televisión de Galicia. O 2 de febreiro do 2009, canda a estrea da nova canle galega, G2, reemitiuse a serie dende o principio. Así mesmo, a TVG está a emitir novos episodios na grella.
Probablemente trátase dun dos mangas máis exitosos da historia. Planeta DeAgostini é a editorial encargada de publicalo en Galicia.
Nobita Nobi é un neno de 10 anos que vive nun dos barrios residenciais do Xapón. A súa vida pasa sen grandes preocupacións indo á escola e xogando polas tardes cos seus amigos.
Certo día, un gato robot grande e azul asómaselle polo caixón da súa mesa de estudo e preséntase ante el coma un viaxeiro do século XXII mandado polo seu tataraneto para impedir que a súa lacazanería leve á perdición a súa familia. Para isto posúe un peto máxico de catro dimensións conectado ó futuro que contén máis de 4000 aparellos cos que calquera cousa que se imaxine se pode converter en realidade. Doraemon intentará sempre axudar a Nobita en todo o que poida, animándoo para que estude e protexéndoo dos abusos de Xigante e Suneo. Xunto a Doraemon e ós seus aparellos, Nobita e os seus amigos vivirán todo tipo de emocionantes aventuras: viaxarán ó futuro, descubrirán civilizacións esquecidas, viaxarán a remotos lugares e voarán por riba das nubes.
As historias que se nos presentan son, en ocasións, bastante simples, pero aínda así todas elas gozan dun encanto especial. Os episodios están divididos en varios bloques. Ata o ano 1992 eran 3 as historias diferentes que se nos contaban, cunha duración aproximada de 7 minutos cada unha. A partir de entón, cada episodio contén 2 historias de aproximadamente 11 minutos.
Grazas ó seu peto máxico de catro dimensións, Doraemon dispón dunha chea de trebellos do futuro cos que axudar o seu amigo Nobita. Estes son unha mostra dos máis representativos:
En Galicia, a serie de Doraemon foi emitida seguindo unha orde por tempadas:
De todos os xeitos, cómpre sinalar que no Xapón existen dúas series de Doraemon: a primeira que empezou no ano 1979 e a segunda que empezou no ano 2005. Os 771 primeiros episodios da nosa numeración pertencen á primeira serie, non obstante, os episodios a partir do 772 forman parte da serie xaponesa do 2005.
Algúns episodios da serie de 1979 teñen unha duración inferior aos dez minutos. Por iso, para crear os episodios da nosa versión, xuntáronse en varios casos tres para completar a duración total do capítulo. Outros, porén, non foron emitidos directamente. Ademais, en ambas as dúas series, á hora de emitila na TVG, utilizáronse novas numeracións que non se correspondían coa xaponesa.
As curtametraxes incluídas nos DVD's das longametraxes foron incluídas na serie coma episodios normais (eps. 737-751). Non obstante houbo unha que non se introduciu: Ano 2112 - O nacemento de Doraemon.
"Oxalá os meus soños
foran todos realidade.
Foran todos realidade
porque teño pra repartir.
Doraemon pode facer
que se cumpran todos.
..."
"Doraemon ten un peto máxico,
é o gato do espacio que chegou aquí.
Doraemon ten un peto máxico,
é o gato do espacio que chegou aquí.
E pode facer realidade tódolos teus soños;
robots e máquinas voadoras pode crear.
..."
"Ó pechar os ollos, só imaxinando,
podo debuxar.
Un mapa do mundo, no que os soños todos,
se volvan reais.
Vou polo ceo, a través do tempo;
a un país lonxe de aquí.
..."
"Mira, mira as flores
brillando á luz do sol,
saúdannos dicindo bos días amor.
Todos imos saltando
e cantámo-la canción,
lalalalá, lalalalalá, lalalaió.
..."
"Doraemon, Doraemon,
imos dicindo adeus, adeus.
Doraemon, Doraemon,
sempre connosco estarás.
Co corazón cheo de amor
imos vivir tódala ilusión.
..."
PERSONAXE | ACTOR DE DOBRAXE | ACTOR ORIXINAL |
---|---|---|
Doraemon | Charo Martínez (eps. 1-366) Xermana Carballido (eps. 367-979) Ana Ouro (eps. 980-1083) Ana Lemos (eps. 1084-1109) |
Nobuyo Oyama (eps. 1-771) Wasabi Mizuta (eps. 772-1109) |
Nobita Nobi | Tonia Fuentes (eps. 1-366) Ana Ouro (eps. 367-606; 737-751) Antía Jiménez (eps. 607-736; 752-1109) |
Noriko Ohara (eps. 1-771) Megumi Ohara (eps. 772-1109) |
Shizuka Minamoto | Helena Amoedo (eps. 1-366) Chelo Díaz (eps. 367-1109) |
Michiko Nomura (eps. 1-771) Yumi Kakazu (eps. 772-1109) |
Takeshi Goda "Xigante" | Manuel Pombal (eps. 1-366) Nacho Castaño (eps. 367-1109) |
Kazuya Tatekabe (eps. 1-771) Subaru Kimura (eps. 772-1109) |
Suneo Honekawa | Maria José Collazo (eps. 1-366) Isabel Vallejo (eps. 367-1109) |
Kaneta Kimotsuki (eps. 1-771) Tomokazu Seki (eps. 772-1109) |
Nobisuke Nobi | Xoán Diéguez | Masayuki Katō (eps. 1-396; 425-538; 607-646) Yōsuke Naka (eps. 397-771) Yasunori Matsumoto (eps. 772-1109) |
Tamako Nobi | Trini Morenza (eps. 1-366) Ana Santos (eps. 367-1109) |
Sachiko Chijimatsu (eps. 1-771) Kotono Mitsuishi (eps. 772-1109) |
Dorami | Teresa Santamaría (eps. 1-366) Nora Abad (eps. 367-606) Catherina Martínez (eps. 607-875) Beatriz Bravo (eps. 876-1109) |
Keiko Yokozawa (eps. 1-771) Chiaki (eps. 772-1109) |
Mestre | Jorge Pedrosa (eps. 1-366) Ramiro Taboada (eps. 367-875) Xosé López "Tanas" (eps. 876-1083) Alfonso Agra (eps. 1084-1109) |
Ritsuo Sawa (eps. 1-5) Osamu Katō (eps. 6-46) Kazuhiko Inoue (eps. 47-180) Ryōichi Tanaka (eps. 181-771) Wataru Takagi (eps. 772-1109) |
Dekisugi | Teresa Santamaría (eps. 1-604) Alicia Taboada (eps. 607-1109) |
Sumiko Shirakawa (eps. 1-771) Shihoko Hagino (eps. 772-1109) |
Doraemon non só protagoniza as súas historias no papel e na televisión. Algunhas pasaron polo cinema no Xapón. En Galicia, algunhas non pasaron polo gran pantalla, mais si foron editadas en VHS ou DVD. As películas 4, 5, 6 e 17, non se incluíron en galego en DVD nin se emitiron nos cinemas, mais si foron estreadas na TVG na data sinalada.
As películas 1, 2, 4 e 6 editáronse en VHS con versión en galego e as películas 2, 4, 6, 7, 12 e 16 estreáronse nos cines en galego.
Estas son as que, polo de agora, foron dobradas ó galego:
# | Título en galego | Data da estrea (Galego) | Data da estrea (Xaponés) |
---|---|---|---|
1 | Doraemon e o tren do tempo | 14 de outubro do 2003 | 2 de marzo do 1996 |
2 | Doraemon e o Imperio Maia | 2 de marzo do 2004 | 4 de marzo do 2000 |
3 | Doraemon e o misterio das nubes | 20 de outubro do 2004 | 7 de marzo do 1992 |
4 | As mil e unha noites de Doraemon | 2004 (TV) | 9 de marzo do 1991 |
5 | Doraemon e o segredo do labirinto | 2004 (TV) | 6 de marzo do 1993 |
6 | Doraemon e os piratas dos mares do sur | 2004 (TV) | 7 de marzo do 1998 |
7 | Doraemon, o gladiador | 2 de marzo do 2005 | 9 de marzo do 2002 |
8 | Doraemon e a fábrica de xoguetes | 26 de outubro do 2005 | 8 de marzo do 1997 |
9 | Doraemon e os deuses do vento | 15 de marzo do 2006 | 8 de marzo do 2003 |
10 | Doraemon no mundo máxico das aves | 25 de outubro do 2006 | 8 de marzo do 2001 |
11 | Doraemon e os cabaleiros enmascarados | 25 de abril do 2007 | 14 de marzo do 1987 |
12 | Doraemon e o dinosauro pequeno | 28 de novembro do 2007 | 4 de marzo do 2006 |
13 | Doraemon: Animal Planet | 7 de maio do 2008 | 10 de marzo do 1990 |
14 | Doraemon e os sete magos | 26 de novembro do 2008 | 10 de marzo do 2007 |
15 | Doraemon: Odisea no espazo | 3 de xuño do 2009 | 6 de marzo do 1999 |
16 | Doraemon e o reino de Kibo | 11 de novembro do 2009 | 8 de marzo do 2008 |
17 | Doraemon e o mundo perdido | 8 de xaneiro do 2014 (TV) | 13 de marzo do 1982 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.