From Wikipedia, the free encyclopedia
A ditadura militar no Brasil foi instaurada o 1 de abril de 1964, após un golpe de estado das Forzas Armadas brasileiras, co apoio do goberno dos Estados Unidos contra o presidente João Goulart.
Toma de posesión de Castelo Branco como Presidente da República | |
Contexto do acontecemento | |
---|---|
Influencias ideolóxicas dos impulsores | Militarismo, anticomunismo, ultradereita |
Goberno previo | |
Gobernante | Goberno parlamentario de João Goulart |
Goberno resultante | |
Gobernante | Goberno militar de Humberto de Alencar Castelo Branco |
O golpe militar foi liderado por José de Magalhães Pinto, Adhemar de Barros e Carlos Lacerda, entón gobernadores dos estados de Minas Xerais, São Paulo e Guanabara.
O golpe foi planeado e iniciado polos mandos do exército brasileiro e contou co apoio de case todos os membros de alto rango do exército, xunto coa Igrexa católica e os anticomunistas. Foi apoiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos a través da súa embaixada en Brasilia.[1] [2]
A ditadura brasileira durou 21 anos, até o 15 de marzo de 1985.[1] [2]
A ditadura censurou todos os medios de comunicación, e torturou e exiliou aos disidentes. João Figueiredo chegou a presidente en marzo de 1979; nese mesmo ano aprobou a Lei de Amnistía polos delitos políticos cometidos a favor e en contra do réxime.
O goberno militar do Brasil foi un modelo para outros gobernos militares en América do Sur e América Latina.[3] En 2014, case 30 anos despois da caída do réxime, o exército brasileiro recoñeceu por primeira vez a tortura e o asasinato de disidentes políticos.[4] En maio de 2018, o goberno dos Estados Unidos publicou un memorando, escrito por Henry Kissinger, no que confirmaba que o liderado do réxime militar brasileiro estaba plenamente consciente do asasinato de disidentes.[5] Dise que 434 persoas foron confirmadas mortas ou desaparecidas e 20.000 persoas foron torturadas[6] durante a ditadura militar no Brasil.
O presidente João Figueiredo finalmente impulsou o país á democracia e apoiou a transferencia do poder ao goberno civil. En 1981 o Congreso promulgou unha lei sobre a restauración das eleccións directas dos gobernadores estatais. Tancredo Neves foi elixido por un colexio electoral para substituír a Figueiredo en 1984.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.