![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/SFRYugoslaviaNumbered.svg/langgl-640px-SFRYugoslaviaNumbered.svg.png&w=640&q=50)
Disolución de Iugoslavia
conflitos que acabaron ocasionando o desmembramento de Iugoslavia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo disolución de Iugoslavia refírese a unha serie de conflitos e irregularidades políticas, incluíndo varias sanguentas guerras, que acabaron ocasionando o desmembramento de Iugoslavia, a República Federal Socialista de Iugoslavia (SFR de Iugoslavia ou, simplemente, SFRI).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/SFRYugoslaviaNumbered.svg/320px-SFRYugoslaviaNumbered.svg.png)
Lenda (Repúblicas e rexións autónomas):
1. Bosnia e Hercegovina
2. Croacia
3. Macedonia do Norte
4. Montenegro
5. Serbia
5a. Kosovo
5b. Voivodina
6. Eslovenia
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Breakup_of_Yugoslavia-TRY2.gif/640px-Breakup_of_Yugoslavia-TRY2.gif)
Serie animada de mapas na que se mostra a desintegración de Iugoslavia; as diferentes cores representan as áreas de control.
República Federal Socialista de Iugoslavia República Federal de Iugoslavia; Serbia e Montenegro; Serbia Croacia Eslovenia Macedonia do Norte Bosnia e Hercegovina Montenegro Kosovo
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Balkan_topo_en.jpg/640px-Balkan_topo_en.jpg)
Neste mapa pode verse como a antiga Iugoslavia ocupaba toda a parte centrooccidental da península, quedando fóra, ao suroeste, Albania, ao leste, Bulgaria e ao sur, Grecia e a Turquía europea, abarcando ademais parte da Europa central, por riba do Danubio (norte de Eslovenia, norte de Croacia e Voivodina, en Serbia).
A República Federal Socialista de Iugoslavia era un país que ocupaba os Balcáns centrooccidentais e unha parte da Europa Central, unha rexión do sur de Europa cun conflito étnico histórico, arrastrado desde moitos séculos.
O Estado era un conglomerado de seis repúblicas e dúas provincias autónomas, que estaba dividido segundo as etnias, o que facía que fose un país con sete fronteiras, seis repúblicas, cinco nacionalidades, catro idiomas, tres relixións, dous alfabetos e un líder que, na década de 1990, se desmembrou en varios países independentes.
As oito entidades federadas pasaron a seren seis repúblicas: Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Macedonia do Norte, Montenegro, Serbia, e dúas provincias autónomas dentro desta última: Kosovo i Metohija e Voivodina.
Bosnia e Hercegovina non existira como estado etnicamente mixto desde 1465, e ademais non tiña unha maioría étnica clara, co 44 % de musulmáns, o 33 % de serbios e o 18 % de croatas, ademais doutras minorías. Dado que a estrutura demográfica de Bosnia comprendía unha poboación de serbios e croatas próxima ao 50 % do total, e con ideas de independencia baseadas nas etnias máis que na nación, o control deste territorio volveu a abrirse a diferentes interpretacións, e grandes zonas de Bosnia, Croacia e Serbia chegarn a ser zonas en disputa.
Os elementos máis importantes que fomentaron a discordia foron a formación do Reino de Iugoslavia, a guerra civil e o xenocidio levados a cabo polo Estado Independente de Croacia durante a segunda guerra mundial, a idea da "Gran Serbia" e as adaptacións balcánicas da doutrina do Paneslavismo.