Estado
forma de organización social, económica, política soberana e coercitiva / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Estado[1] é unha organización política constituída por un conxunto de institucións burocráticas estables, a través das cales exerce o monopolio do uso da forza (soberanía) aplicada a unha poboación dentro duns límites territoriais establecidos.[2][3][4][5][6][7][8]
Moitas sociedades humanas foron gobernadas por estados durante milenios; con todo, a maioría das persoas na prehistoria vivían en sociedades sen estado. Os primeiros estados xurdiron hai uns 5500 anos xunto co rápido crecemento das cidades, a invención da escritura, e a codificación de novas clases de relixión. Co tempo, desenvolveuse unha variedade de formas diferentes de estados, empregando unha variedade de xustificacións para a súa existencia (como o dereito divino, a teoría do contrato social etc.). Hoxeen día, con todo, o estado-nación moderno é a forma predominante de estado a que están sometidas as persoas.