Gran Serbia
estado que se formaría se cristalizaran as políticas tendentes a estender o territorio da actual República Serbia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gran Serbia (en serbio cirícilo Велика Србија, en serbio latino Velika Srbija) é un termo aplicado, por certas correntes irredentistas dentro do nacionalismo serbio, ao estado que se formaría se cristalizaran as políticas tendentes a estender o territorio da actual República Serbia que propugnan ditas correntes, e que incluiría todas as rexións de importancia tradicional para os serbios e rexións fóra de Serbia están poboadas maioritariamente, e mesmo minoritariamente, por serbios.
A ideoloxía principal deste movemento é unir a todos os serbios e a todos os territorios historicamente gobernados polos serbios (o que os nacionalistas chaman Terras Serbias) nun só Estado, reclamando para iso, dependendo da versión, diferentes rexións de moitos países circundantes, como as reclamacións de territorios das actuais Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Macedonia do Norte. Nalgunhas formas históricas, tamén incluían ampliacións maiores, pretendendo territorios de Albania, Bulgaria, Hungría e Romanía. A inspiración desta ideoloxía vén da memoria da existencia do Imperio serbio, relativamente grande e poderoso que existía en Europa suroriental no século XIV, antes da invasión e ocupación otomá.