Dinastía Qing
derradeira dinastía imperial da China / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía Qing (pronunciado 'ching' /tɕʰíŋ/; chinés: 清朝 W-G Ch'ing Ch'ao, PY Qīng Cháo), oficialmente Gran Qing[n. 1] (chinés: 大清; Dà Qīng), ou Estado do Gran Qing (manchú: ᡩᠠᡳᠴᡳᠩ ᡤᡠᡵᡠᠨ Daicing Gurun), tamén chamado Imperio Qing ou dinastía manchú, foi a derradeira dinastía imperial chinesa, gobernando o actual país entre os anos 1644 e 1912. Foi precedida pola dinastía Ming e sucedida pola República da China. O imperio multicultural Qing durou case tres séculos e formou a base territorial para o Estado chinés moderno.
ᡩᠠᡳᠴᡳᠩ ᡤᡠᡵᡠᠨ (mnc) | |||||
Himno | Gong Jin'ou (pt) (4 de outubro de 1911-1912) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Fengtian Fu (en) (1625–1644) Fengtian Fu (en) (1644–1905) Shuntian Fu (en) (1644–1912) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 383.100.000 (1912) (26,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua manchú Lingua mongol lingua chinesa Lingua tibetana | ||||
Relixión | Heaven worship (en) , budismo, cristianismo, Taoísmo e Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.700.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | dinastia Shun (pt) , Dinastía Ming, Dinastia Ming do Sul (pt) , Reino de Tungning (pt) , Khanato Zunghar, Xi dynasty (en) , Reino Celestial Taiping (pt) , Dinastia Jin Posterior (pt) e Da Ming Shun Tian Guo (en) | ||||
Creación | 1636 | ||||
Disolución | 1912 | ||||
Sucedido por | República da China e Da Ming Shun Tian Guo (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
Moeda | tael (pt) | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras manchús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A dinastía foi fundada polo clan Jurchen de Aisin-Gioro no que hoxe é o noroeste da China (tamén coñecida coma Manchuria), onde a principios do século XVII estableceron un estado multi-étnico con capital en Mukden. En 1644, aproveitando a debilidade da dinastía Ming a consecuencia da revolta de Li Zicheng, o xeneral manchú Dorgon cruzou con axuda chinesa a Gran Muralla e invadiu China, capturando Pequín en 1645. Dorgon proclamou ao seu sobriño Shunzhi emperador da China, o que deu comezo ao goberno dos Qing sobre toda a China. A pacificación completa da China acadouse arredor de 1683 baixo o emperador Kangxi. Establecida orixinalmente coma a derradeira dinastía Jin (chinés simplificado: 后金, chinés tradicional: 後金, pinyin: hòu jīn) Amaga Aisin Gurun en 1616, cambiou o seu nome a Qing, que significa claro ou traslúcido en 1636. En 1644 Pequín foi saqueada por unha coalción de forzas rebeldes liderada por Li Zicheng, un oficial Ming. O derradeiro emperador Ming Chongzhen suicidouse cando caeu a cidade, marcando o remate oficial da dinastía. Daquela, os manchús aliáronse co xeneral Ming Wu Sangui e tomaron o control de Pequín e derrubaron a curta Dinastía Shun.
A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores. A dinastía consolidou o seu control sobre a China rapidamente, e alcanzou o seu máximo apoxeo durante o reinado do emperador Qianlong (r.1735-1796), tras o cal iniciou un progresivo declive.
Durante o reinado dos primeiros emperadores Qing, China viviu unha etapa de estabilidade interna e de crecemento demográfico, territorial e económico sen precedentes. As conquistas de Qianlong expandiron o imperio Qing por Asia Central, dobrando o tamaño do mesmo. A poboación aumentou duns 130 a uns 400 millóns de habitantes, pero os impostos e os ingresos do goberno, fixados a niveis moi baixos, estancaronse, o que a comezos do século XIX conduciu a unha crise fiscal. O crecemento territorial e demográfico, afectado pola falta de recursos fiscais do goberno, sobrecargaron a habilidade do mesmo para controlar eficazmente o vasto territorio da China. A corrupción fíxose endémica; sucesivas rebelións puxeron a proba a lexitimidade do goberno, e as elites gobernantes foron incapaces de responder de forma eficaz aos crecentes cambios no panorama mundial, onde as potencias occidentais demandaban con cada vez máis insistencia a apertura comercial da China.
Despois da Primeira Guerra do Opio (1839-1842), as potencias occidentais impuxeron tratados desiguais, libre comercio, extraterritorialidade e portos baixo control estranxeiro. A rebelión Taiping (1850-1864) e a revolta de Dungan (1862-1877) en Asia Central provocaron a morte duns 20 millóns de persoas, a maioría delas en fames negras causadas pola guerra. Tras a Segunda Guerra do Opio (1856-1860), as potencias occidentais obrigaron a China a reformarse parcialmente, e axudaron ao goberno Qing a pacificar as súas rebelións internas. A pesar destes desastres, na Restauración Tongzhi da década de 1860, as elites han uníronse en defensa da orde confuciana e dos gobernantes Qing. As ganancias iniciais do Movemento de Fortalecemento Propio perdéronse na primeira guerra sino-xaponesa de 1895, na cal os Qing perderon a súa influencia sobre Corea e a posesión de Taiwán. Os Qing trataron de reorganizar as súas forzas armadas, pero a ambiciosa reforma dos Cen Días de 1898 foi rexeitada nun golpe de estado pola emperatriz viúva Cixi, líder da facción conservadora do goberno. Cando a loita por concesións por parte de potencias estranxeiras desencadeou o levantamento dos bóxers, as potencias estranxeiras interviñeron militarmente na China de novo; Cixi declaroulles a guerra, o que levou á derrota e á fuxida da corte imperial a Xi'an.
Tras asinar o Protocolo Bóxer en 1900, o goberno imperial Qing iniciou reformas fiscais e administrativas sen precedentes, que incluíron eleccións, un novo código legal e a abolición do milenario sistema de exames. Sun Yat-sen e outros revolucionarios competiron cos monárquicos reformistas como Kang Youwei e Liang Qichao para transformar o Imperio Qing nunha nación moderna. Despois da morte de Cixi e do emperador Guangxu en 1908, a facción conservadora da corte tratou de obstruir as reformas. O levantamento de Wuchang o 11 de outubro de 1911 conduciu á Revolución de Xinhai. O último emperador, Puyi, abdicou o 12 de febreiro de 1912, dando fin ao Imperio e terminando con máis de 2.000 anos de tradición imperial chinesa.