Dinastía Nguyễn
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía Nguyền (en vietnamita: Nhà Nguyễn) foi a última familia imperial gobernante que existiu na historia de Vietnam. O seu período de poder comezou en 1802, cando o emperador Gia Long derrocou a dinastía Tây So'n e se fixo co poder. En 1945 a abdicación do emperador Bảou Đại deu paso á extinción do último resto dos Nguyền.
Himno | Đăng đàn cung (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Huế | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.000.000 (1860) | ||||
Lingua oficial | Lingua vietnamita lingua francesa | ||||
Relixión | neoconfucionismo (pt) , budismo, Taoísmo, catolicismo e Sunnismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xuño de 1802 | ||||
Disolución | 30 de agosto de 1945 | ||||
Sucedido por | Vietnam do Norte, Vietnam do Sur e Vietnam | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Moeda | Vietnamese cash (en) | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O nome orixinal do país era Vinệt Nam (越南) e así foi coñecido durante o reinado do emperador Gia Long. Pero en 1839 por orde do emperador Minh Mạng o nome do país foi substituído polo de Đại Nam. Durante certos momentos tamén foi denominado Imperio de Vietnam (en vietnamita: Đế chế Vinệt Nam). A partir de 1884 converteuse nun protectorado francés integrado na Unión Indochina. Entre 1940 e 1945 o país estivo baixo ocupación militar xaponesa, ao que seguiu o intento errado de crear un estado monicreque dos xaponeses e a restauración do poder colonial francés.