Raj Británico
administración colonial do Imperio Británico no Indostán From Wikipedia, the free encyclopedia
administración colonial do Imperio Británico no Indostán From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Raj, literalmente Dominio en lingua hindi,[1] refírese á administración colonial que exercía o Imperio Británico na rexión do Indostán, é dicir o que hoxe é India, Paquistán e Bangladesh, así como na illa de Sri Lanka e outras menores no océano Índico. A partir do ano 1886 o Raj tamén incluíu Birmania, que permaneceu baixo esta administración unificada ata 1937 . Esta administración iniciouse en 1858, cando o goberno desta rexión foi transferido pola Compañía Británica das Indias Orientais á Coroa[2], ata 1947, cando dividiuse a rexión en dous países, India e Paquistán, ós cales outorgóuselles a independencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
British Raj (en) | |||||
Himno | God Save the King (1858-1947) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Calcuta (1858–1911) Nova Deli (1911–1947) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Relixión | Hinduísmo, Islam, Sikhismo, budismo e cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.917.273 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Governo da Companhia Britânica das Índias Orientais na Índia (pt) , Emirado do Afeganistão (pt) , Jaitpur State (en) , Kolathunadu (en) e Trankebar (en) | ||||
Creación | 1858 | ||||
Disolución | 15 de agosto de 1947 | ||||
Sucedido por | Dominio da India, Domínio do Paquistão (pt) , Birmânia Britânica (pt) e India | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
Órgano lexislativo | Central Legislative Assembly (en) , | ||||
Moeda | rupia india | ||||
En maio de 1857, soldados do exército británico coñecidos como sipaio, os cales proviñan principalmente de unidades musulmás de Bengala. Estes amotináronse na gornición de Meerut, a 80 km ó noroeste de Delhi. Os amotinados marcharon contra Delhi a ofrecer os seus servizos ó emperador mogol e pouco despois na maior parte do norte e centro da India estalou a inrresurrección que durou un ano.
O motín representou o estoupido dun resentimento cada vez máis forte da poboación india contra o goberno británico. Antes da rebelión, os británicos lograron apagar numerosas revoltas menores ou tribais ou aceptaron outorgar certas concesións nalgunhas disputas. Porén dos acontecementos, -un marcado por unha tendencia e outro un feito illado-, a rebelión comezou en 1857.
A rebelión envolveu a maior parte do norte da India, incluíndo Oudh e varios estados que pasaron da rexencia Maratha á Compañía. Os británicos tomados por sorpresa quedaron aterrorizados e paralizados e sen reemprazos para as baixas no seu exército. A Guerra Civil provocou o caos onde cada comunidade sufriu humillacións e triunfos en batalla, se ben foron finalmente os británicos quen obtiveron a vitoria. O derradeiro continxente sipaio en renderse foi o de Gwalior (Madhya Pradesh), un dos principais focos da rebelión, o 21 de xuño de 1858. Os derrotados rebeldes fuxiron cara Nepal.
O sur da India, por outra parte, permaneceu fora do conflito a pesar de ser un bastión baixo o poder británico.
A guerra civil foi un elemento determinante de cambio na India. En maio de 1858, os británicos exiliaron ó emperador Bahadur Shah Zafar (1837-1857) a Birmania, liquidando formalmente o Imperio mogol. Ó mesmo tempo aboliuse a Compañía Británica das Indias Orientais e foi substituída pola administración directa da coroa. Os británicos proclamaron que os príncipes, xefes e pobo indio recibirían o mesmo trato baixo as leis británicas e a raíña Vitoria foi proclamada Emperatriz da India. A semente da desconfianza quedou no pobo hindú como herdanza da rebelión de 1857.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.