![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Standard_deviation_diagram.svg/langgl-640px-Standard_deviation_diagram.svg.png&w=640&q=50)
Desviación típica
medida de dispersión de probabilidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
En probabilidade e estatística, a desviación típica ou desvío padrón (tamén desvío ou desviación estándar)[1][2][3] é a medida máis común de dispersión. De xeito sinxelo, mide como están de dispersos os valores nunha colección de datos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Standard_deviation_diagram.svg/320px-Standard_deviation_diagram.svg.png)
A desviación estándar está definida como a raíz cadrada da varianza. Defínese desta maneira para dar unha medida da dispersión que é un número non negativo que ten as mesmas unidades que os datos.
O termo desviación estándar foi introducido en estatística por Karl Pearson en 1894.