![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Normal_distribution_pdf.png/640px-Normal_distribution_pdf.png&w=640&q=50)
Distribución normal
distribución de probabilidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
A distribución normal ou distribución gaussiana é a distribución de probabilidade que con máis frecuencia aparece na estatística e na teoría de probabilidades. Isto débese a dúas razóns fundamentalmente:
- A súa función de densidade é simétrica e con forma de campá, o que favorece a súa aplicación como modelo a gran número de variables estatísticas.
- É ademais límite doutras distribucións e aparece relacionada con multitude de resultados ligados á teoría das probabilidades grazas ás súas propiedades matemáticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Distribución.
Función de densidade![]() As catro distribucións do gráfico son normais, con distintos valores da media e a desviación típica. A verde é a "normal reducida", de media cero e desviación típica un | |
Función de distribución![]() As cores son as mesmas das funcións de probabilidade de arriba | |
Parámetros | |
Soporte | ;+\infty )\!}
|
Función de densidade | |
Función de distribución | |
Media | |
Mediana | |
Moda | |
Varianza | |
Asimetría | 0 |
Curtose | 0 |
Entropía | |
F. xeradora de momentos | |
Func. caract. |
É unha familia de distribucións coa mesma forma xeral que se diferenza nos seus parámetros de localización e escala: a media ("valor esperado") e a desviación estándar ("variabilidade"), respectivamente.
A función de densidade está dada por:
onde é a media e
é a desviación estándar (
é a varianza).
A distribución normal estándar é a distribución normal con media cero e desviación estándar un (as liñas verdes nos gráficos da dereita). A miúdo chámaselle curva de campá xa que a gráfica da súa densidade de probabilidade semella unha campá.