![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Standard_deviation_diagram_micro.svg/langgl-640px-Standard_deviation_diagram_micro.svg.png&w=640&q=50)
Probabilidade
medida da facilidade ou frecuencia coa que ocurre un suceso ou é certa unha declaración / From Wikipedia, the free encyclopedia
A probabilidade é a rama das matemáticas que achega descricións numéricas da facilidade de que ocorra un suceso, ou como de posible é que unha proposición sexa verdadeira. A probabilidade dun suceso é un número entre 0 e 1, onde, falando rápido, 0 indica a imposibilidade do suceso e 1 indica a certeza.[1][2][3] Cando maior é a probabilidade dun suceso, é maior a facilidade de que ocorra.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Christiaan_Huygens-painting.jpeg/640px-Christiaan_Huygens-painting.jpeg)
A teoría da probabilidade úsase cumpridamente en áreas como a estatística, a física, a matemática, a ciencia e mais a filosofía para tirar conclusións sobre a probabilidade de sucesos potenciais e a mecánica subxacente de sistemas complexos.