![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/Racine_carr%25C3%25A9e_bleue.svg/langgl-640px-Racine_carr%25C3%25A9e_bleue.svg.png&w=640&q=50)
Raíz cadrada
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, a raíz cadrada dun número real non negativo x é o número real non negativo que, multiplicado consigo mesmo, dá x. A raíz cadrada de x escríbese . Por exemplo,
, xa que 4 × 4 = 16, e
. As raíces cadradas son importantes na resolución de ecuacións cadráticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raíz (homónimos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/Racine_carr%C3%A9e_bleue.svg/220px-Racine_carr%C3%A9e_bleue.svg.png)
A xeneralización da función raíz cadrada ós números negativos dá lugar ós números imaxinarios e ao corpo dos números complexos.
O símbolo da raíz cadrada empregouse por primeira vez no século XVI. Especúlase con que tivo a súa orixe nunha forma alterada da letra r minúscula para representar a palabra latina "radix", que significa "raíz".