En Matemáticas, a raíz enésima dun número x é un número r que elevado á enésima potencia é igual a x
onde n é o índice da raíz. Unha raíz de índice 2 chámase raíz cadrada e a de índice 3, raíz cúbica. As raíces de índice superior chámanse empregando o ordinal, como raíz cuarta ou raíz quinta.
Por exemplo:
- 2 é a raíz cadrada de 4, porque 22 = 4.
- −2 tamén é raíz cadrada de 4, porque (−2)2 = 4.
Na análise matemática, as raíces son tratadas como un caso particular de potenciación, onde o exponente é unha fracción:
As raíces adoitan ser escritas empregando o símbolo , con indicando unha raíz cadrada, unha raíz cúbica, unha raíz cuarta e así sucesivamente. Na expresión , n é o índice e x é o radicando. Calquera expresión que conteña unha raíz é chamada expresión radical.
A orixe do símbolo de raíz √ é dubidosa. Moitos expertos, incluíndo Leonhard Euler,[1] cren que procede da letra "r", inicial da palabra latina "radix", que significa "raíz". O símbolo aparece impreso por vez primeira, sen o trazo horizontal, en 1525 na obra Die Coss do matemático alemán Christoff Rudolff.
Todos os números reais positivos teñen raíz real enésima. Se o índice da raíz é impar esta raíz é un único número positivo. Se o índice é par a raíz é dobre (un número e o seu oposto).
Os números reais negativos non teñen raíz real se o índice da raíz é par e teñen como raíz un único número real negativo se o índice da raíz é impar.
A raíz dun número real que non sexa potencia perfecta é un número irracional.
Un número complexo distinto de 0 ten n raíces distintas de índice n.
Os números reais cumpren:
Porén, pode haber problemas no caso dos números complexos. Por exemplo:
pero
se tomamos un certo valor da raíz.
Unha expresión radical está simplificada se[2]
- Ningún factor do radicando pode ser escrito como potencia de expoñente maior có índice da raíz.
- Non hai fraccións baixo o símbolo de raíz.
- Non hai expresións radicais no denominador.
Por exemplo, para simplificar a expresión podemos buscar un cadrado perfecto dentro da raíz e sacalo fóra:
Logo, ao haber unha fracción no radical cambiamos como segue:
Finalmente quitamos a raíz do denominador:
Cando no denominador hai unha suma de raíces pódese atopar un factor polo que multiplicar numerador e denominador para simplificar a expresión, o que se denomina racionalizar:
A raíz pode ser representada coa serie:
con .
Sexa n un número natural non nulo. A aplicación x → xn define unha función, de en se n é impar, e de se é par. Chámase raíz enésima, ou raíz de índice[3] n á súa función inversa, e indícase: .
No gráfico seguinte, están debuxadas as gráficas das funcións definidas por algunhas raíces, así como das súas funcións recíprocas, no intervalo [0;1]. A recta de ecuación y = x é o eixe de simetría entre cada curva e a curva da súa inversa.
Cambiando de escala:
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.