O desastre de Annual[1] foi a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a guerra de Marrocos (ou guerra do Rif) o 22 de xullo de 1921, preto da localidade marroquí de Annual, fronte as tropas rifeñas baixo o mando de Abd el-Krim. A denominación de "Desastre de Annual" dáse unicamente en España, xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual".
Desastre de Annual | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cadáveres españois en Monte Arruit meses despois da batalla. | |||||||||
| |||||||||
Esta foi unha das maiores crises que atacaron o reinado de Afonso XIII, e o intento de evitar as responsabilidades foi unha das causas do golpe de estado de Primo de Rivera en 1923 e a posterior ditadura.
Antecedentes dos feitos
A zona do Rif, era a zona máis difícil de dominar de todo Marrocos e estaba baixo o control do caid da tribo dos Beni-Urriagel, abd el-Krim.[2]
En febreiro de 1920 o xeneral Manuel Fernández Silvestre, que estaba en Ceuta, marchou tomar posesión do cargo de comandante xeneral de Melilla. O plan era que o Alto Comisario, o xeneral Berenguer, atacaría dende o a zona occidental, partindo de Tetuán e Ceuta, mentres Silvestre, atacaría dende Melilla en dirección leste cara a Baía de Alhucemas.[2]
A misión era moi complicada pola escasa preparación dos soldados españois, na súa maioría recrutas, mal pagados e alimentados e peor equipados[3][4] (dotados de fusís e de artillaría pesada moi anticuada) e calzados (con abarcas e alpargatas) e por lles ter un medo terríbel aos rifeños, e rapidamente se desmoralizaron. Tamén se deu unha corrupción xeneralizada tanto na intendencia como entre a oficialidade, que vendía armas e municións aos propios rifeños.[5]
O propio ministro de Guerra, o vizconde de Eza, non daba permiso para comezar a ofensiva ata que o exército estivese ben preparado e subministrado, mais cando chegou Silvestre, animado polo rei, se ordenou o avance das tropas durante todo o ano para conquistar os territorios ao oeste de Melilla e inzou de blocaos mal fortificados a rota ata Alhucemas.[6] Así, durante o inverno e a primavera de 1921, continuaron as operacións nestes territorios, ocupados case sempre sen violencia, chegando a acordos cos xefes dos territorios ofrecéndolles diñeiro para conseguir a súa amizade. En cada lugar ocupado construían pequenos cuarteis chamados blocaos (Blockhaus) sempre nas zonas máis elevadas, onde xeralmente non había auga, o que obrigaba a ir a por ela en mulas. A distancia entre os blocaos era variable, entre 20 e 40 quilómetros, segundo estivese o terreo, pero se estaban moi xuntos as forzas repartíanse, co que había bos recursos para afrontar un ataque inimigo. As condicións dos soldados non eran boas. As subministracións escaseaban, e as ratas e os piollos eran moi frecuentes no campamento.
Nesta situación, en maio de 1921, o groso do exército estaba nun gran campamento situado nuns outeiros preto de Annual. Dende Melilla até ese campamento había tres prazas fortes separadas entre si 30 quilómetros, máis outros pequenos fortíns con 100 ou 200 soldados cada un. Até ese momento non houbera ningún enfrontamento armado, aínda que se gardaban as distancias con algunhas tribos que producían pequenos incidentes sen ningunha baixa importante.
O desastre
O xeneral Silvestre, animado polo rei, contradicindo as ordes do seu xefe, o Alto Comisario de España en Marrocos Dámaso Berenguer, decidiu inzar de blocaos a rota entre Melilla e Alhucemas.[7] O 31 de maio, nun deles, o do monte Abarrán, a gornición, composta totalmente de marroquinos, insubordinouse e asasinou a tódolos seus oficiais.[8]
Chegaron o 1 de xuño e, ese mesmo día, a guarnición foi atacada polo inimigo, morrendo todos os defensores, en torno a cen.[9] O 7 de xuño estableceuse outra posición no monte Igueriben, coa idea de defender o campamento de Annual polo sur. Esta posición foi atacada e quedou en poder do inimigo o día 21 de xullo, despois dun longo cerco no que os defensores quedaron sen auga e morreron, soamente 11 puideron chegar a Annual dos 350 que había no campamento.
Tras estes sucesos, concentráronse arredor do campamento as forzas inimigas. Os rifeños estaban comandados por Mohamed Ben Abdelkrim El Jatabi (Abd el-Krim), antigo funcionario da Administración española na Oficina de Asuntos Indíxenas en Melilla.
Durante a noite do 21 ao 22, o xeneral Silvestre discutiu cos seus oficiais a forma de saír do cerco. Sen chegar a ningún acordo, a primeiras horas da mañá, e baixo fogo inimigo, deuse a orde de retirada e as tropas abandonaron o campamento; algúns oficiais saíron con calma, pero a maioría dos soldados saíu correndo e de forma desordenada, producíndose o masacre no camiño a Melilla. Nesta fuxida producíronse feitos de heroísmo, como o do Rexemento de Alcántara, que cargou en numerosas ocasións até a extenuación e sufrindo o maior número de baixas.
O xeneral Silvestre desapareceu e os seus restos non se atoparon. As poucas forzas que saíron vivas de alí, retrocederon até o campamento do Monte Arruit baixo o mando do xeneral Navarro, pero esta posición tamén foi asediada e as subministracións cortáronse, polo que o xeneral Berenguer autorizou a rendición o 9 de agosto. Pero os rifeños non respectaron as condicións e entraron no campamento matando os soldados e facendo prisioneiros o xeneral Navarro e 600 efectivos máis.
Sobreviviron 60 homes dos 3 000. A causa de manter a estes con vida foi discutida polos historiadores, pero unha das razóns apunta á intención dos rifeños de evitar a que foi unha das causas da vitoria final española, o ataque con armas químicas.
Efectos en España
En total calcúlase que nos combates morreron máis de 10 000 españois e uns 1 000 rifeños,[3] aínda que hai autores que elevan as perdas.[9]
A crise política motivada por este desastre fixo dicir a Indalecio Prieto nas Cortes:[10]
«Estamos no periodo máis agudo da decadencia española. A campaña de África é o fracaso total, absoluto, swn atenuantes, do exército español».
O ministro da Guerra ordenou a creación dunha comisión de investigación, dirixida polo xeneral laureado Juan Picasso González, que elaborou o informe coñecido como Expediente Picasso, no que, aínda que se sinalaban múltiples erros militares, debido á acción obstrutiva dalgúns ministros e xuíces non se chegou ao fondo das responsabilidades políticas e incluso do propio rei, que segundo algunhas testemuñas animou á penetración irresponsable de Silvestre até puntos afastados de Melilla sen contar cunha defensa adecuada na retagarda. Segundo esas testemuñas, nunca probadas, xa que o documento en cuestión non se atopou, o rei enviou un telegrama, animando a Silvestre nas súas accións, co texto: "Ole los hombres con cojones".[11]
Antes de que o informe Picasso se debatese nas Cortes, que estaban suspendidas por vacacións, o xeneral Miguel Primo de Rivera deu un Golpe de Estado o 13 de setembro de 1923.[3] Coa vitoria do Desembarco de Alhucemas, obtívose unha posición forte tras o desastre de Annual.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.