Dersu Uzala (filme de 1975)
filme de 1975 dirixido por Akira Kurosawa From Wikipedia, the free encyclopedia
filme de 1975 dirixido por Akira Kurosawa From Wikipedia, the free encyclopedia
Dersu Uzala. O cazador[1] (en ruso: Дерсу Узала; en xaponés: デルス·ウザーラ, Derusu Uzāra) é un filme soviético-xaponés de 1975 dirixido por Akira Kurosawa. Foi o seu primeiro filme rodado nunha lingua diferente ó xaponés e o único rodado en 70mm.
Dersu Uzala | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Дерсу Узала |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Yoichi Matsue Nikolai Sizov |
Guión | Akira Kurosawa Yuri Nagibin |
Baseado en | Dersu Uzala de Vladimir Arsenyev |
Intérpretes | Maxim Munzuk Yury Solomin |
Música | Isaak Shvarts |
Fotografía | Asakazu Nakai Yuri Gantman Fyodor Dobronravov |
Montaxe | Valentina Stepanova |
Estudio | Daiei Film Mosfilm |
Distribuidora | Mosfilm (USSR) Daiei Film (Xapón) |
Estrea | xullo de 1975 2 de agosto de 1975 |
Duración | 144 minutos |
Orixe | Unión Soviética Xapón |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | 4 millóns de dólares (estimado) |
Na rede | |
O filme baséase no libro de memorias de 1923 Dersu Uzala (que toma o seu nome do trampeiro Dersu Uzala) escrito polo explorador ruso Vladimir Arsenyev, e conta a exploración da rexión Sikhote-Alin ó longo de múltiples expedicións a comezos do século XX. Rodado case completamente en escenarios exteriores do arredado leste ruso, o filme conta a historia dun nativo dos bosques que está completamente integrado no seu medio, levando un estilo de vida que será inevitablemente destruído polo avance da civilización. Tamén trata sobre o respecto e a amizade profunda entre dous homes de orixes profundamente diferentes, e sobre a dificultade de afrontar a perda de forza e capacidades que provoca a vellez.
O filme gañou o Óscar de 1976 ó mellor filme en lingua non inglesa,[2] o Premio de Ouro e o Premio FIPRESCI na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova[3] entre outros galardóns. Vendeu arredor de 20,4 millóns de entradas na Unión Soviética e recadou 1,2 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá.[4]
Foi estreado en galego na Televisión de Galicia o 23 de setembro de 2000.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.