Sikhote-Alin
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A de Sikhote-Alin (en ruso: Сихотэ-Алинь) é unha cordilleira situada nos kraia de Primorie e de Khabarovsk, en Rusia, que se estende a uns 900 km ao nordés de Vladivostok.
(ru) Сихотэ-Алин | ||||
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Krai de Khabarovsk, Rusia e Krai de Primorie, Rusia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.090 m | |||
Dimensións | 1.350 () km | |||
Punto máis alto | Tordoki Yani (en) (2.090 m ) | |||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Cretáceo | |||
Os cumios máis altos son Tordoki Yani (2 077 m), o monte Ko (2 003 m) e o monte Anik (1 933 m).
Aínda que Sikhote-Alin é unha zona temperada, coexisten alí especies típicas da taiga setentrional, como:
A rexión ten poucos lobos debido á competencia cos tigres siberianos,[2] un dos maiores felinos do mundo.[1]
A árbore máis vella da rexión é un Taxus cuspidata milenario.[3]
O núcleo da rexión só pode ser visitada por equipos de exploradores.
Crese que o nome procede do manchú alin "montaña".
Nas décadas de 1910 e 1920, Sikhote-Alin foi explorada en profundidade por Vladímir Arséniev (1872-1930) que describiu as súas aventuras en varios libros, especialmente en Dersu Uzala (1923), que foi levado ao cine en 1975 por Akira Kurosawa.
En 1935 establecéronse os refuxios da vida salvaxe de Sikhote-Alin e Lazo para preservar a fauna da rexión.
O 12 de febreiro de 1947 tivo lugar nestas montañas unha das maiores chuvias de meteoritos da historia recente.
O meteorito de Sikhote-Alin estoupou na atmosfera segundo caía, facendo que caesen toneladas de metais nunha rexión elíptica duns 1,3 km2.
Formáronse numerosos cráteres de impacto, o maior deles de 26 m de diámetro.
En 2001 a UNESCO incluíu "Sikhote-Alin central" na lista de lugares Patrimonio da Humanidade, citando a súa importancia para a "supervivencia de especies en perigo como o Mergus squamatus, o Bubo blakistoni e o tigre siberiano".
A rexión incluída ten unha superficie de 16 319 km2, da que o núcleo central da Reserva natural de Sikhote-Alin comprende 3 985 km2.[4]
En 2018 a zona Patrimonio da Humanidade estendeuse 11 605 km2 ao incluír o Parque Nacional de Bikin co nome de "Val do río Bikin".[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.