From Wikipedia, the free encyclopedia
Un dermatoma [1] é unha área da pel que está innervada fundamentalmente pola raíz dorsal dun só nervio espiñal ou raquídeo. Cada un destes nervios envía ao cerebro a sensación (incluída a dor) dunha rexión concreta da pel. Os pares de nervios que orixinan dermatomas son: os nervios cervicais de C2 a C8 (sendo excepción o C1, que non forma dermatoma), os doce nervios torácicos, os cinco nervios lumbares e os cinco nervios sacros. Os nervios espiñais orixinan os nervios cutáneos que chegan á pel.
Principais nervios cutáneos. |
Ao longo do tórax e abdome os dermatomas son como discos superpostos que formasen o corpo humano, cada un dos cales está innervado por un nervio espiñal distinto. Nos brazos e pernas o patrón é diferente: os dermatomas discorren lonxitudinalmente polas extremidades. Aínda que o patrón xeral é similar en todas as persoas, as áreas exactas detalladas de innervación son tan únicas para cada persoa como as pegadas dactilares. Nos límites entre dermatomas adxacentes hai unha certa sobreposición da innervación, polo que se houbera unha perda de función dun nervio por lesión do ganglio, a sensibilidade non se perde totalmente, pero vese moi minguada.
Un dermatoma é unha área da pel innervada por neuronas sensoriais que proceden dun ganglio dun nervio espiñal, polo que son moi útiles para detectar diversas patoloxías. Os síntomas que se estenden por un dermatoma (por exemplo, dor ou erupción cutánea) poden indicar unha patoloxía que implica á raíz nerviosa relacionada. Exemplos son disfunción somática da medula espiñal na que os dermatomas poden indicar a parte da medula espiñal afectada, ou unha infección vírica. Determinados puntos da anatomía humana son característicos de dermatomas concretos.[2]
Os virus que se instalan de forma latente nas células dos ganglios nerviosos durante anos (como o virus da varicela-zóster, que causan a varicela e o herpes zóster) a miúdo causan dor, erupcións cutáneas ou ambos os síntomas, estendéndose por un determinado dermatoma. Porén os síntomas poden non aparecer en todo o dermatoma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.