![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Compa%25C3%25B1%25C3%25ADa_de_Danza_Contempor%25C3%25A1nea_Danzart.jpg/640px-Compa%25C3%25B1%25C3%25ADa_de_Danza_Contempor%25C3%25A1nea_Danzart.jpg&w=640&q=50)
Danza contemporánea
From Wikipedia, the free encyclopedia
A danza contemporánea xorde coma unha reacción ás formas clásicas e probablemente coma unha necesidade de expresarse máis libremente co propio corpo. É unha clase de danza na que se pretende expresar unha idea, un sentimento, unha emoción, mais mesturando movementos corporais propios do século XX e XXI.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Compa%C3%B1%C3%ADa_de_Danza_Contempor%C3%A1nea_Danzart.jpg/640px-Compa%C3%B1%C3%ADa_de_Danza_Contempor%C3%A1nea_Danzart.jpg)
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2015) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
A súa orixe remóntase ata finais do século XIX. Nos inicios buscábase unha alternativa á estrita técnica do ballet clásico, comezaron a aparecer bailaríns danzando descalzos e realizando movementos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tempo, foron aparecendo variacións nas que a técnica clásica brillaba pola súa ausencia e ata se introducían movementos doutras técnicas corporais, coma o flamenco, movementos de danzas tribais, acrobacias, contacto físico e até do ioga. Ata o final da segunda guerra mundial, este renovado estilo de danza chamouse danza moderna, mais a súa evolución dende finais dos anos 1940 en adiante levou a que se preferise a partir de entón empregar a expresión "danza contemporánea". Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a unha chea de mesturas de estilos, chegándose incluso a non deixar claro a que estilo se asemella ou que patróns se segue. Segundo Nieves Rosales, "Hoxe parece que calquera é bailarín de contemporáneo, mais non todo vale".[1]
Pódense distinguir nos inicios dúas escolas, a americana e a europea.
Unha característica distintiva é o uso de multimedia para acompañar as coreografías, como a proxección de imaxes e vídeo.
A danza clásica ten unha dramaturxia con principio, clímax e desenlace. A danza contemporánea pode seguir esta estrutura ou ben contar historias dunha forma non lineal.
A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos co propósito de conseguir unha estética determinada, non sempre ten que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos xa existentes e sempre codificados mentres que a danza contemporánea busca a innovación e a creación de novas formas de movemento de acordo coas necesidades do coreógrafo ou o intérprete. A danza clásica busca o preciosismo, o estruturado e perfecto, a conexión co etéreo, co celestial; máis ben está ligada ao concepto do apolíneo. A danza contemporánea busca a conexión co terreal, co humano e as súas paixóns, a non estrutura, a transgresión; está ligada ao concepto do dionisíaco.
O coreógrafo adoita tomar as decisións creativas. El ou ela escolle se a peza terá un carácter abstracto ou narrativo. Os bailaríns son seleccionados en función da súa habilidade e adestramento. A coreografía é determinada baseándose na súa relación coa música ou os sons cos que se baila. O papel da música en danza contemporánea é diferente ao doutros xéneros porque pode servir de fondo para a peza. O coreógrafo supervisa a elección do vestiario e o seu valor estético para a composición xeral da actuación e tamén para ver como inflúe nos movementos dos bailaríns.
A danza como as outras artes tivo grandes cambios estéticos durante toda a súa historia. Entre finais do século XX e principios do XXI a investigación e a procura continua das novas formas de expresión conduciu a danza por diferentes camiños cara á perfección técnica e artística. Influída polos cambios da vida social e política e tamén doutras artes, a danza cambiou a súa forma de ser, a súa estética e a súa percepción.[2]