imaxe ou concepto mental From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha idea (do grego είδον eidon: 'eu vin') é unha imaxe que existe ou se forma na mente. A capacidade humana de contemplar ideas está asociada á capacidade de raciocinio, autorreflexión e a habilidade de adquirir e aplicar o intelecto. As ideas dan lugar ós conceptos, que son a base de calquera tipo de coñecemento, tanto científico como filosófico. Non obstante, nun sentido popular, unha idea pode suscitarse mesmo en ausencia de reflexión, por exemplo, ó falar da idea dunha persoa ou dun lugar.
Unha idea é un termo filosófico que se pode analizar baixo catro puntos de vista segundo José Manuel Fernández Cepedal (1950 – 2001):
Platón sitúa as ideas no mundo intelixible, porque segundo el son a única fonte de verdadeiro coñecemento, ó ser:
Os racionalistas inclináronse pola solución innatista: atribúen as ideas á Naturaleza do home.
Os empiristas sosteñen que a orixe das ideas hai que buscala na experiencia sensible; esta é a encargada de encher de contidos (ideas) a mente. Idea sería un contido mental resultado da acción dos estímulos sobre os sentidos do suxeito.
Os racionalistas distinguen entre ideas claras, escuras, distintas, entre outras.
Os empiristas distinguen entre ideas de sensación e de reflexión, entre ideas simples e complexas; a natureza só proporciona ideas particulares; as xerais son produto da mente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.