![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/Swanlake014.jpg/640px-Swanlake014.jpg&w=640&q=50)
Coreografía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A coreografía (literalmente «escritura da danza», tamén chamada composición), do grego χορεία (danza circular, corea) e γραφή (escritura), é a arte de crear estruturas nas que suceden movementos. O termo composición tamén pode referirse á navegación ou conexión destas estruturas de movementos. A estrutura de movementos pode ser considerada como a coreografía. As persoas que crean a coreografía son chamados coreógrafos.
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/Swanlake014.jpg/640px-Swanlake014.jpg)
Aínda que é usado principalmente en relación coa danza, o termo coreografía pode ser aplicado en varios escenarios, entre eles:
- Combate escénico (coreografía de acción ou de loita)
- Ximnasia
- Patinaxe artística sobre rodas
- Patinaxe artística sobre xeo
- Ballet clásico
- Banda de marcha
- Cinematografía