poeta e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1981 (42 anos) Monterroso, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e xornalismo |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xornalista, poeta |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Fernando Salgado García |
Premios | |
Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El País, Nós Diario e elDiario.es. Dirixiu Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e coordina o volume Cairón, voceiro do Instituto de Estudos Ulloáns. Colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.
Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Certame de Poesía Francisco Añón co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra[1] en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía[2] en 2004 por Días no imperio.
Formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. En 2018 comezou o proxecto musical vietcong, canda a Alexandre Losada (guitarra), Luís Garrido (saxofón e sintetizadores) e mais Marcos Flórez (baixo)[3].
É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.