persoa que forma parte dun matrimonio From Wikipedia, the free encyclopedia
En dereito, denomínase cónxuxe a calquera das persoas físicas que forman parte dun matrimonio. O termo «cónxuxe» é de xénero común, é dicir, pódese usar para referirse a un home («o marido» ou «o cónxuxe») ou a unha muller («a muller» ou «a cónxuxe»). Cando o sexo é descoñecido normalmente dise «cónxuxe» aínda que tamén se pode dicir «o ou a cónxuxe».
Como sinónimo de cónxuxe adóitase utilizar o termo «esposo» ou «esposa» (a orixe do termo é o verbo latino spondeo, que significa prometer solemnemente, comprometerse), aínda que tecnicamente non son equivalentes, pois son esposos quen celebraron esponsais, pero aínda non o matrimonio. É sinónimo de consorte.
O uso do termo cónxuxe no canto de marido, muller, esposo ou esposa, foise estendendo na área do dereito de familia por diversos motivos, entre os cales cómpre salientar:
Recentemente, coa aparición da posibilidade nalgúns países do matrimonio entre persoas do mesmo sexo fíxose necesario nas súas lexislacións utilizar sempre termos neutros ou de xénero común (non «esposa» ou «marido»).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cónxuxe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.