área do dereito From Wikipedia, the free encyclopedia
O dereito de familia ou tamén chamado dereito familiar é o conxunto de normas e institucións xurídicas que regulan as relacións persoais e patrimoniais dos membros que integran a familia, entre si e respecto de terceiros.
Tradicionalmente considerouse que o dereito de familia é unha póla do dereito civil; porén, posto que este último se estrutura sobre a base da persoa individual e dado que habitualmente estimouse que as relacións de familia non poden quedar rexidas só por criterios de interese individual e a autonomía da vontade, gran parte da doutrina considera que é unha póla autónoma do dereito, con principios propios. Porén, para considerarse autónoma, é preciso que se dean tres supostos: a independencia doutrinal, a independencia lexislativa e a independencia xudicial.
Varios países recolleron lexislativamente este cambio doutrinario ditando un Código de Familia (á parte dun Código Civil). Ese foi o caso de Alxeria, Bolivia, o Canadá, Cuba, Nicaragua, Costa Rica, O Salvador, Filipinas, Venezuela, Honduras, Malí, Marrocos, Panamá, Polonia e Rusia, entre outros.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.