Coxíns do Zaque
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Coxíns do Zaque é un sitio arqueolóxico muisca que se atopa na cidade de Tunja, Boyacá, que na época da Confederación muisca se chamaba Hunza. Os coxíns son dúas pezas de pedra redondas empregadas na relixión muisca para adorar ó deus do Sol, Sué, e á súa muller a deusa da Lúa, Chía. Cando os conquistadores españois chegaron ó territorio muisca no século XVI, chamáronos Cojines del Diablo.