From Wikipedia, the free encyclopedia
A corda[1] é unha ferramenta empregada en certas actividades como a construción, navegación (denominándose cabo[2]), exploración, deportes e comunicacións. Cando son grosas reciben tamén os nomes de soga[3] e maroma.[4] As cordas foron usadas desde a idade prehistórica.[5] Grazas ao desenvolvemento da corda inventáronse gran cantidade de cabos (nós) con diversas utilidades. As poleas empregáronse desde hai moito tempo para redirixir a forza noutras direccións, e poden ser empregadas como unha vantaxe mecánica, permitindo que múltiples forzas se apliquen ao momento de apoio final da mesma. Os guindastres, os polispastos e os cabrestantes son máquinas deseñadas para ser accionadas por cordas e cables.
Cando unha corda é longa e grosa e se utiliza para suxeitar a carga do carro ou dun remolque recibe o nome de adival, cabestro, liame, luria, rello, sedeño, treixa ou trelo.[6] Se as cordas son delgadas reciben o nome de cordel, baraza (ou barazo) e piola,[7] aínda cando adoitan ser máis grosas que un fío.
Aos extremos da corda denomínaselles chicotes mentres que á súa parte media seo.[8]
As cordas poden facerse de distintos tipos de fibras téxtiles: naturais, artificiais, sintéticas ou combinacións entre eles. Entre as naturais están o cáñamo, esparto, algodón, xute, seda, la, e pelo. Entre as artificiais está o raión, que se emprega na elaboración de cordas decorativas. Entre as sintéticas atópanse o polipropileno, nailon, poliéster (por exemplo PET, vectran), o polietileno (como o spectra) e as fibras aramidas (por exemplo twaron, technora e o kevlar). Algunhas cordas elabóranse con mesturas para aumentar a resistencia. As cordas pódense elaborar tamén de fibras metálicas.
A corda tamén se usou en traballos de cantaría como elemento decorativo. Coñécese co nome de sogueado.[9] É propio do estilo románico.
O emprego das cordas para a caza, o pulo, o estirado, atado, a suspensión e ascensión a cimas de montañas data desde a época prehistórica e sempre foi esencial nas actividades humanas básicas, así como no progreso da humanidade. As primeiras cordas eran tan longas como poderían ser as fibras dunha planta, o seu intento de alargalas deu lugar ás primeiras cordas retortas. Os fragmentos case-fosilizadas do que probablemente é unha "corda enrolada de case 65 mm de diámetro" que foi atopada na cova de Lascaux, data de aproximadamente 17.000 a.C..[5][10]
O Antigo Exipto foi probablemente a primeira civilización que desenvolveu unha ferramenta especial para facer cordas. Os exipcios fixeron cordas que datan do 4000 ao 3500 a. C. e elaborábanse principalmente de xuncos. Outras cordas elaboradas na antigüidade fixéronse doutras fibras como a palmeira real, liño, herbas, papiro, seda ou mesmo pelo animal. O emprego destas cordas empuxou por centos de traballadores doutras terras a ser escravizados polos exipcios co obxecto de mover grandes pedras e construír os seus monumentos. Comezando aproximadamente desde o 2800 a. C., as cordas fixéronse de fibras en China. A elaboración de cordas expandiuse por toda Asia, India e Europa durante case varios séculos. [5]
Leonardo da Vinci debuxou certos esbozos dun concepto para unha máquina que facía cordas, foi unha das súas moitas invencións que nunca chegou a construír.[Cómpre referencia] Con todo a súa construción non podía ser levada a cabo sen o desenvolvemento dunha tecnoloxía avanzada: En 1586, Domenico Fontana erixiu un obelisco de 327 toneladas na praza de San Pedro de Roma cunha forza concertada de 900 homes, 75 cabalos e unha cantidade inxente de cordas.[Cómpre referencia] Non foi até pasado o século XVIII cando diversos inventos fixeron posible a invención dunha máquina capaz de construír corda. Na década de 1950 as fibras sintéticas como o nailon fóronse popularizando, substituíndo en proporción considerable ás naturais.
A corda torta, ou tamén denominada impropiamente corda enrolada, é, desde o punto de vista histórico, a forma máis común de corda, polo menos na cultura de Occidente. A maioría das cordas tortas consisten en tres fibras que se enrolan para aumentar a fortaleza e resistencia da corda; existen versións con maior cantidade de fibras tortas.
As cordas trenzadas son xeralmente de fibras sintéticas como o nailon, poliéster ou o polipropileno. Elíxese o nailon debido ás súas características de fortaleza e tenacidade, ademais de posuír unha boa resistencia ás inclemencias do tempo, así como á radiación ultravioleta. O poliéster é preto dun 90% máis forte en estiramento que en carga, é moito máis resistente á abrasión e posúe unha maior resistencia aos UV, sufrindo cambios pequenos en lonxitude cando se humedece. Por regra xeral prefírese o polipropileno por mor do seu baixo custo e baixa densidade (pode flotar na auga).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.