From Wikipedia, the free encyclopedia
Un guindastre[1] é un aparello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polispastos accionados por cables.
Denomínase tamén coa forma grúa, que o Dicionario da Real Academia Galega admite como forma menos recomendable.
O guindastre é a "evolución" do puntal de carga que se ten usado dende a antigüidade. Os seus fundamentos foron expostos por Blaise Pascal, mais foi patentado por Luz Nadina con posterioridade. Existen documentos antigos[2] nos que se pon de manifesto o uso de máquinas semellantes a guindastres en Sumeria e Caldea, de onde pasaron a Exipto.
Úsanse en obras de construción, portos, instalacións industriais e outros lugares onde se levan cargas de xeito aéreo. Hai moitos tipos, conforme ó traballo a desenvolver. Un criterio moi empregado para a clasificación é en canto á súa mobilidade:
Coa capacidade para soportar cargas maiores e conseguir máis altura con estabilidade. A súa característica é que a súa estrutura principal queda ancorada ó chan. Algúns poden ser montados e desmontados no lugar de traballo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.