A dos coleoideos (Coleoidea) é unha subclase de invertebrados protóstomos bilaterais, mariños, do filo dos moluscos e clase dos cefalópodos.[1]

Máis información ColeoideosColeoidea Rango fósil: carbonífero - actualidade, Clasificación científica ...
Coleoideos
Coleoidea

Rango fósil: carbonífero - actualidade

Loligo vulgaris
Clasificación científica
Superreino: Eukarya
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Bather, 1888
Cohortes e Ordes
  • Véxase o texto
Pechar

Coñécense desde o carbonífero, foron moi abundantes no mesozoico, sobre todo no cretáceo, e hoxe en día a subclase agrupa a todos os cefalópodos vivos a excepción dos nautiloideos. Inclúe animais tan coñecidos como as luras, as sepias e os polbos.[2]

Características

A diferenza dos nautiloideos, que posúen unha cuncha externa, os coleoideos teñen como moito unha cuncha interna que actúa como flotador e/ou soporte do corpo; algunhas especies carecen por completo de cuncha, e noutras está substituída por unha estrutura cartilaxinosa.

Taxonomía

Descrición

A subclase foi descrita en 1888 polo xeólogo, paleontólogo e malacólogo británico Francis Arthur Bather.

Etimoloxía

O nome científico Coleoidea está formado pola forma do latín científico cole-, tirada da voz do grego antigo κολεός ‎koleós, 'estoxo', 'vaíña', co adición da desinencia -oidea, derivada do grego εἴδος eídos, 'aparencia', 'aspecto'. Literalmente, 'os que teñen forma de estoxo'.[3]

Clasificación

Segundo o ITIS:[4]

Subclase Coleoidea Bather, 1888

Porén, os taxa Decabrachia e Octobrachia non son considerados válidos polo World Register of Marine Species, que os substitúe polos de Decapodiformes e Octopodiformes.[1]

Así, no WoRMS temos:

Outros autores, que inclúen tamén as ordes extintas, fan esta outra clasificación:

Subclase Coleoidea

Cohorte Belemnoidea
Orde Aulacocerida
Orde Belemnitida
Orde Hematitida
Orde Phragmoteuthida
Cohorte Neocoleoidea (a maioría dos cefalópodos vivos)
Superorde Decapodiformes
Orde Boletzkyida
Orde Sepiida - sepias
Orde Sepiolida
Orde Spirulida
Orde Teuthida - luras
Superorde Octopodiformes
Orde Octopoda - polbos
Orde Vampyromorphida

Evolución

Os primeiros rexistros fósiles dos coleoideos datan do do mississipiense (carbonífero), hai máis de 330 millóns de anos. Describíronse algúns fósiles máis antigos, do Devoniano,[9] pero algúns deles son dubidosos, e os paleontólogos non están de acordo sobre se son coleoideos. Os grandes grupos de coleoideos baséanse na estrutura e o número de tentáculos. Os primitivos belemnoideos tiñan presumibelmente dez brazos iguais. As formas actuais modificaron ou perderon un par de tentáculos; así, os decapodiformes posúen un par de brazos modificados en longos tentáculos que teñen ventosas só na súa extremidade; os octopodiformes reduciron ou perderon por completo un par de tentáculos.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.