Christophe Plantin
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christophe Plantin, tamén coñecido como Christoffel Plantijn en neerlandés, Christophorus Plantinus en latín, nado en Saint-Avertin, ca. 1520 e finado en Anveres o 1 de xullo de 1589, foi o principal impresor e editor europeo da segunda metade do século XVI, e iniciador do Officina Plantiniana ou Compás de Ouro, empresa familiar que se mantivo até o século XIX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. maio de 1520 (Gregoriano) Saint-Avertin, Francia |
Morte | 1 de xullo de 1589 (69 anos) Anveres |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Países Baixos do Sur Francia Países Baixos españois |
Actividade | |
Lugar de traballo | Anveres Leiden París |
Ocupación | deseñador tipográfico , University printer (en) , poeta , encadernador (pt) , impresor , editor , artista visual |
Empregador | Plantin Press (en) |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Rivière |
Fillos | Martina Plantin (en) |
Parentes | Franciscus Raphelengius (pt) (xenro) |
Xenial empresario, Plantin foi produto da situación política coa que sempre se mantivo escéptico. En todo momento, soubo adaptarse ás circunstancias, ó mesmo tempo padecendo as consecuencias e aproveitándose delas. Dende o punto de vista técnico e estético foi o máximo expoñente do renacemento flamengo na arte da imprenta, cumio das correntes alemá e francesa en tipografía, no gravado ilustrativo e no acabado artístico do libro.[1][2]
Plantin, dende as súas orixes humildes, expandiu o seu negocio por Europa: instalou unha filial en París en 1567; Franciscus Raphelengius, o seu xenro, continuou a imprenta que Plantin instalou en 1583 en Leiden; mantivo un axente en España; e posteriormente creou unha filial en Salamanca. Tamén mantivo intensas relacións comerciais con libreiros de Holanda, Flandres, Brabante, Inglaterra, Escocia, Francia, Alemaña, Suíza, Italia, Portugal e España.[3]
Home do seu tempo, e relacionado con numerosos intelectuais e eruditos, Plantin escribiu uns cantos poemas en francés de gran calidade, entre os cales destaca o soneto Le Bonheur de ce Monde; e prologou algunhas das súas edicións con dedicatorias a personaxes eminentes, poemas en latín cun estilo correcto pero demasiado formal.[4][5]