Condado de Flandres
From Wikipedia, the free encyclopedia
O condado de Flandres foi unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Flandres (homónimos).
Datos rápidos Localización, Capital ...
Graafschap Vlaanderen (nl) Comté de Flandre (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Bruxas | ||||
Poboación | |||||
Relixión | catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 866 | ||||
Disolución | 17 de outubro de 1797 | ||||
Sucedido por | Primeira República Francesa | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Pechar
Independizouse deste reino en 1302, uníndose ao Ducado de Borgoña en 1384. En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.
Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.