Caza de bruxas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A caza de bruxas[1] é a procura de bruxos, meigas ou probas de bruxaría, que levaba a acusar a persoa afectada de bruxaría, a un xuízo e finalmente a unha condena. Moitas culturas, tanto antigas como modernas, reaccionaron de forma puntual ás acusacións de bruxaría con medo supersticioso e castigaron, ou mesmo asasinaron, ós presuntos ou presuntas practicantes.
A caza de bruxas como fenómeno xeneralizado é característico da Europa central a comezos da Idade Moderna. A base para a persecución masiva de mulleres (puntualmente tamén menores e homes e mesmo animais) pola Igrexa e sobre todo pola xustiza civil, foi a idea, estendida entre teólogos e xuristas, dunha conspiración do Demo para acabar coa Cristiandade.
As cazas de bruxas aínda ocorren no presente e adoitan clasificarse dentro do chamado pánico moral. De forma xeral, o termo chegou a denotar a persecución dun inimigo percibido (habitualmente un grupo social non conformista) de forma extremadamente nesgada e independente da inocencia ou culpabilidade real.