xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Catopuma é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamila dos felinos propios da China e a rexión Indomalaia.
Catopuma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Catopuma temminckii | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Felis temminckii Vigors & Horsfield, 1827[1] | |||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, ser. 2, 10: 387.[1]
Ademais de polo nome actualmente válido, o xéneo coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
Na actualidade recoécense as seguentes especies e subespecies no xénero:[1][2][3]
Catopuma Severtzov, 1858
Ambas as especies son gatos de pequeno tamaño de cor parda avermellada, con marcas máis escuras na cabeza.
Viven en ambientes boscosos do sueste Asiático. O gato de Borneo ten unha distribución limitada á illa de Borneo.
Orixinariamente pensábase que eran dúas subespecies do mesmo animal, pero análises xenéticas recentes confirmaron que son, inequivocamente, especies separadas.[4]
As dúas especies diverxeron entre elas hai entre 4,95 e 3 millónes de anos, moito antes de que Borneo se separara das illas veciñas.[5]
O seu parente vivo máis próximo é o gato marmorado (Pardofelis marmorata), do cal o antepasado común do xénero Catopuma diverxeu hai ao redor de 9,4 millóns de anos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.