Casa de Correos e Telégrafos de Vigo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa de Correos é un edificio histórico situado na Praza de Compostela, na esquina coa rúa da Reconquista, 2, no centro da cidade de Vigo. Dende a súa construción foi a sede principal da compañía estatal de correos e telégrafos.
Edificio de Correos e Telégrafos de Vigo | |
---|---|
Edificio | |
Estilo | Clasicista con toques modernistas |
Localización | Vigo |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°43′24″O |
Construción | |
Inicio | 1920 |
Remate | 1929 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Manuel Gómez Román |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa de Correos era unha vella aspiración da boiante vila de Vigo no cambio do século XIX ao XX. Nesa época rematárase o recheo para o deseño dos xardíns da alameda da Praza de Compostela. En 1920 o concurso para a súa construción foi gañado polo arquitecto Manuel Gómez Román, autor doutros edificios notábeis da cidade coma o Edificio Simeón, o Edificio Mülder ou a sede do antigo Banco de Vigo (hoxe edificio do Banco Pastor). As obras non remataron até 1929, e non puido ser empregado até 1931, cando se abre a rúa da Reconquista. Construído sobre os restos dunha vella alfándega de pedra do século XVIII, abandonada xa nese momento, a obra foi executada polo contratista Vicente Calderón.[1]
Abandonando o estilo modernista que caracterizou a súa primeira etapa, Gómez Román constrúe un edificio moi marcado polo estilo clasicista de Antonio Palacios. De corte clasicista, o chafrán da entrada actúa coma elemento referencial e coma principal acceso ao edificio, cun enorme arco de medio punto. A composición nas dúas bandas do chafrán é simétrica, cun enorme zócolo de base, con grandes pilastras sobre o mesmo que enmarcan grandes vans verticais, e un último andar que actúa a xeito de entaboamento, con fiestras máis pequenas, cornixa e óculo no ático ou faio. Salienta ademais o recrecido neobarroco con orelleiras do último andar, xusto por riba do chafrán, que ilustra ademais o percorrido que nese momento Manuel Gómez Román estaba a realizar cara ao estilo rexionalista, do que será un consumado exemplo. Decorativamente é austero, cun apicoado fino no zócolo, e os símbolos propios de correos por riba da porta principal.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.