xénero da poesía medieval galego-portuguesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A cantiga (ou cántiga, pronunciada popularmente) é o xénero típico da poesía medieval galego-portuguesa, que comprende o período de tempo que vai do século XII ao século XIV, e máis tamén reciben ese nome algunhas composicións poéticas populares.
As cantigas galego-portuguesas están recollidas nos chamados cancioneiros, que reunían composicións de varios autores, como o Cancioneiro da Ajuda, o da Biblioteca Nacional de Lisboa ou o da Vaticana. As cantigas relixiosas reúnense principalmente na colectánea Cantigas de Santa María, unha obra dirixida por Afonso X e centradas, como ben indica o título, nos milagres da Virxe María.
Aínda que unha das cantigas máis antigas é a "Cantiga da Ribeiriña" ou "Cantiga da Garvaia", composta por Paio Soares de Taveirós no 1189 ou 1198, hoxe en día[1] considérase que a máis antiga é Ora faz host'o senhor de Navarra de Johan Soarez de Pávia.
Desde o punto de vista métrico, pódense distinguir dous tipos de cantigas:
Ámbolos dous tipos de cantigas teñen en común o tipo de verso utilizado (octosílabos ou decasílabos, polo xeral) e mailo uso da rima consoante. Ámbolos dous usan frecuentemente o paralelismo.
Distínguinse cantigas profanas e cantigas relixiosas.
O corpus conservado e coñecido da lírica profana medieval galego-portuguesa está formado por un total de 1.679 cantigas, pertencentes na súa maioría aos tres xéneros maiores:
Ademais desta división, hai unha serie de xéneros menores (non pola calidade, senón pola menor cantidade) que tiveron escaso desenvolvemento. Entre todos eles non chegan a 50 cantigas, e dalgúns consérvase un único exemplar. Son a pastorela, o pranto, a tenzón, o lai, o descordo, o sirventés moral, a cantiga de vilãos e a cantiga de seguir.
As cantigas populares son composicións poéticas populares de carácter anónimo formadas por estrofas de catro versos octosílabos na que riman os pares e quedan soltos os impares, de temática cotiá. Ramón Cabanillas recompilou cantigas populares e publicounas co título Antífona da cantiga (1951).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.