cancioneiro galego-portugués datada a finais do século XIII From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cancioneiro da Ajuda é unha colección de poesías escritas en galego medieval ou galego-portugués datada a finais do século XIII, influídas pola lírica occitana.
Recibe o seu nome por se conservar na Biblioteca do Palacio Real da Ajuda, en Lisboa. É un códice de pergameo escrito por unha soa persoa en letra gótica con miniaturas que quedou incompleto: aparecen os textos poéticos, mais non se acabaron as miniaturas nin se copiou a música -que ten un espazo reservado baixo os versos da primeira estrofa de cada cantiga-. Trátase dunha colectánea que posúe 310 composicións poéticas, todas cantigas de amor.
As primeiras edicións completas datan de 1824 e 1849, aínda que a edición clásica é a realizada por Carolina Michaëlis no ano 1904.
É o máis antigo dos tres principais cancioneiros conservados e o máis fiábel de todos por estar elaborado na época trobadoresca na corte de Afonso X o Sabio. Os outros dous son o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Outros textos importantes son o Cancioneiro de Berkeley, o Pergamiño Vindel e o Pergamiño Sharrer.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.