xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Caenolestes é un xénero de marsupiais do orde dos paucituberculados e familia dos cenoléstidos, do que se coñecen catro especies propias de Suramérica.[1]
Caenolestes | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caenolestes fuliginosus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
O seu corpo, diminuto e delgado, parecido ao dun rato, está cuberto por unha densa pelaxe curta e de cor gris ou parda agrisada, que pode ser máis clara na rexión ventrais, ou uniforme en toda a superficie corporal.
A cabeza é alongada, con pequenos ollos escuros e coas orellas arredondadas que sobresaen do pelo circundante.
As extremidades anteriores son lixeiramente máis curtas que as posteriores e posúen cinco dedos con uñas romas nos externos e afiadas garras curvas nos tres centrais. As uñas dos cinco dedos posteriores son curvas e afiadas.
A cola é longa e non ten capacidade prénsil. Escasamente cuberta de pelo da mesmo cor que o corpo, aínda que nalgúns espécimes a punta pode ser branca.
As femias non teñen marsupio, abríndose as mamas directamente sobre a superficie abdominal.
Os datos de que se dispón, só confirman os hábitos insectívoros dalgunhas das especies do xénero, aínda que non se descarta que sexan capaces de cazar pequenos vertebrados cabaos de nacer. Algúns estudos de contidos estomacai da especie Caenolestes caniventer no Perú, confirman que a súa dieta está baseada fundamentalmente en larvas de invertebrados, pequenos invertebrados, froita e outros produtos vexetais.
Apenas se dispón de datos acerca da fisioloxía reprodutiva destas especies. Algúns estudos realizados con femias de Caenolestes fuliginosus, suxiren a posibilidade de que no sur de Colombia os partos poidan ter lugar a principios de agosto, xa que catro das seis femias capturadas estaban aleitando crías, suxeríndose ademais a posibilidade de que as camadas poidan seren máis numerosas que as catro mamilas de que dispón a nai.
Son basicamente terrestres. Aínda que parece que non están ben adaptados para o salto, son áxiles agatuñadores que empregan a súa longa cola como apoio na escalada.
Todas as especies viven en bosques e praderías do extremo setentrional dos Andes, desde Venezuela ao norte do Perú.
Porén, as súas inaccesíbeis áreas de distribución xeográfica, ao igual que as dos outros dous xéneros de caenoléstidos, son imprecisas, pois en contadas ocasións puideron capturarse ou estudarse exemplares vivos ou mortos. (Ver mapa de distribución máis abaixo).
O xénero Caenolestes foi descrito en 1895 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, na súa obra Ann. Mag. Nat. Hist., serie 6, 16: 367, dando como especie tipo a Hyracodon fuliginosus Tomes, 1863 (hoxe Caenolestes fuligionosus).[1]
O nome científico Caenolestes deriva dos termos do grego antigo καινός kainós, "novo", e λῃστής lestés, "ladrón, bandido".
Hoxe en día recoñécnse no xénero as especies e subespecies seguintes:[1] Xénero Canolestes Thomas, 1895
Segundo a UICN, o estado de consrvación acutal das catro especis é:[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.