A dos cenoléstidos (Caenolestidae) é unha familia de marsupiais ameridelfos que inclúe as únicas especies actuais da orde dos paucituberculados, ademais dalgunhas outras de xéneros dos que só se conservan evidencias fósiles.

Máis información CenoléstidosCaenolestidaeSarigüeias rato Rango fósil: oligoceno - actualidade, Clasificación científica ...
Cenoléstidos
Caenolestidae
Sarigüeias rato

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Caenolestes fuliginosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Superorde: Ameridelphia
Orde: Paucituberculata
Superfamilia: Caenolestoidea
Trouessart, 1898
Familia: Caenolestidae
Trouessart, 1898
Subfamilias e Xéneros
Véxase o texto
Pechar

Estes raros marsupiais, coñecidos coma sarigüés rato ou sarigüeias rato, poboan numerosos ecosistemas dos Andes, na costa americana do Pacífico.

Características

Anatomía

Son animais de pequeno tamaño, magros, con agudo e promniente fociño, que pola súa aparencia lembran aos ratos e aos furafollas.

O seu corpo está cuberto por unha mesta pelaxe de cor gris ou parda agrisada.

O cranio é arredondado, co arco cigomático feble e o rostro longo e cónico.

A boca está armada con afiados dentes. A mandíbula inferior presenta dous poderosos primeiros incisivos seguidos doutros de tamaño normal. Na superior, cada grupo de dentes está separado por un curto diastema ou espazo intermandibular.

A marxe do labio superior está interrompida por unha caractaerística prega da pel.

Fórmula dentaria
incisivos: 4 dente canino: 1 premolares: 3 molares: 4
3-4 1 3 4

Os ollos son pequeos, redondos, brillantes e escuros.

Están dotados dunha longa cola non prénsil.

Alimentación

Aínda que os datos dispoñíbeis acerca das especies que integran a familia son escasos, pénsase que son basicamente insectívoros, aínda que hai constancia de que, axudados polos seus incisivos inferiores, poden matar pequenos mamíferos, como por exemplo crías de roedores, para alimentarse deles.

Taxonomía

Primeira descrición

Tanto a superfamilia como a fanilia foron descritas en 1898 polo zoólogo francés Édouard Louis Trouessart.[1] no seu traballo Catalogus mammalium tam viventium quam fossilium. Quinquennale supplementum anno 1904.[2]

Etimoloxía

Os nomes científicos Caenolestoidea e Caenolestidae derivan do nome latino do xénero Caenolestes, cos correspondentes sufixos -oidea e -idae, que indican superfamilia e familia, respectivamente.

O termo Caenolestes, pola súa parte, deriva dos termos do grego antigo καινός kainós, "novo", e λῃστής lestés, "ladrón, bandido".

Clasificación

Superfamilia Caenolestoidea[1]

Familia Caenolestidae

  • Subfamilia Caenolestinae
    • Xénero Caenolestes Thomas, 1895 - 4 especies
    • Xénero Lestoros Oehser, 1934 - 1 especie
    • Xénero Pseudhalmarhiphus (†) (Ameghino, 1903)
    • Xénero Rhyncholestes Osgood, 1924 - 1 especie
    • Xémero Stilotherium (†) Ameghino, 1887
  • Subfamilia Pichipilinae (†) Ameghino, 1894
    • Xénero Pichipilus (†) Ameghino, 1890
    • Xénero Phonocdromus (†) Ameghino, 1894
    • Xénero Pliolestes (†) Reig, 1955

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.