Baroña, Porto do Son
parroquia civil do concello de Porto do Son From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Porto do Son From Wikipedia, the free encyclopedia
San Pedro de Baroña[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE en 2020 tiña 650 habitantes (314 homes e 336 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.
Baroña | |
---|---|
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°41′56″N 9°01′00″O |
Poboación | 650 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na parroquia están as mámoas de Montemuíño e as mámoas de Raña, amais do castro de Baroña.[2]
A igrexa parroquial de San Pedro de Baroña[3] ten dúas naves como resultado ampliar a nave románica orixinal con outra no lateral esquerdo. Dita ampliación completouse incorporando unha sancristía. A nave principal está cuberta mediante unha bóveda de canón rebaixada executada en ladrillo, rebocada e pintada, pousada sobre muros de cantería. Na cabeceira está a capela maior tamén cuberta cunha bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que descansan sobre semicolumnas. No exterior destacan a espadana centrada na fachada principal, así como os arcos pousados sobre pilastras na fachada sur.
Lugares da parroquia de Baroña no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Abuín | A Arnela | O Campanario | O Castro | O Covelo | A Igrexa | A Insua | O Lagarto | Lamelas | Lavandeira | Montemuíño | Orellán | Penas | Raña | Soanes | Tarrío | Udres | Vilar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.