![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/EuroB%25C3%25A9lgica.svg/langgl-640px-EuroB%25C3%25A9lgica.svg.png&w=640&q=50)
Bélxica no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bélxica participa no Festival da Canción de Eurovisión desde 1956, e debido a que é unha nación que conta con dous entes de radiodifusión públicos para as dúas principais comunidades lingüísticas do país, RTBF (en francés), e VRT (en flamengo), a responsabilidade da elección do representante belga altérnase cada ano entre as dúas radiodifusoras, para alternar así mesmo o idioma da canción. Incluso agora, coa norma de liberdade de idioma da UER, cando Bélxica adoita a presentar temas en inglés por ambas as partes, a RTBF encárgase da representación os anos impares e a VRT os anos pares.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Bélxica | |
---|---|
Estación membro | VRT, RTBF |
Final nacional | Eurosong |
Aparicións | 59 (51 finais) |
Primeira aparición | 1956 |
Mellor resultado | |
Final | 1° 1986 |
Semifinal | 1° 2010 |
Peor resultado | |
Final | 15° 1961 17° 1973 19° 1985 25° 1993 24° 2000 |
Semifinal | 26° 2007 |
Ligazóns externas | |
Páxina de Bélxica en Eurovision.tv |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Eurovision_Song_Contest_1958_-_Fud_Leclerc.png/320px-Eurovision_Song_Contest_1958_-_Fud_Leclerc.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Xandee_-_Belgium_2004.jpg/640px-Xandee_-_Belgium_2004.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/ESC_2007_Belgium_-_KMG_-_LovePower.jpg/640px-ESC_2007_Belgium_-_KMG_-_LovePower.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/ESC_2008_-_Belgium_-_Ishtar%2C_1st_semifinal.jpg/640px-ESC_2008_-_Belgium_-_Ishtar%2C_1st_semifinal.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/ESC2013_-_Belgium_04.jpg/640px-ESC2013_-_Belgium_04.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/ESC2014_-_Belgium_04.jpg/640px-ESC2014_-_Belgium_04.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/20150515_ESC_2015_Lo%C3%AFc_Nottet_6332.jpg/640px-20150515_ESC_2015_Lo%C3%AFc_Nottet_6332.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/ESC2016_-_Belgium_20.jpg/640px-ESC2016_-_Belgium_20.jpg)
Bélxica obtivo unha única vitoria en 1986 con Sandra Kim, quen é tamén a gañadora máis nova da historia de Eurovisión, xa que por aquel entón tiña só trece anos.
A seguinte mellor posición alcanzada por Bélxica é o segundo posto conseguido en dúas ocasións, en 1978 e 2003. En 2003, concretamente, Bélxica foi representada por Urban Trad, unha banda folk que cantou nun idioma inventado e que acabou en segundo lugar. O último mellor resultado de Bélxica obtívoo en 2015 co cantante Loïc Nottet. Superou a semifinal e nada menos que en segundo lugar. Na final cultivou un 4º posto.
Doutra banda, Bélxica ocupou o último lugar en oito ocasións. Debido ao baixo resultado recollido en 1993, Bélxica foi relegado de participar no festival de 1994. O mesmo aconteceu en 1997 e en 2001.
Un total de 22 veces estivo este país no TOP 10 nunha final.